A TVG suspende os informativos locais

O PPdeG toma unha decisión que convulsiona o sistema mediático galego e que pode estar detrás dalgúns cambios de liña editorial nos últimos tempos.

Por Walter Burns | O Irixo | 30/11/2010 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Nunha manobra que colleu por sorpresa aos traballadores, a CRTVG deu por finalizado as contratas dos informativos locais hoxe polo mañá. Estes programas eran xestionados polas produtoras privadas filiais dos diferentes xornais de Galicia nas sete cidades, salvo en Santiago de Compostela.

None

Segundo fontes do cadro de persoal, a empresa pública eliminará temporalmente as desconexións da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Vigo e mesmo Santiago, malia que esta última era operada polo propio ente.

As produtoras entregaron hoxe por sorpresa ducias de cartas de despedimento nas seis cidades, excepto na capital de Galicia. As mesmas fontes apuntan que as delegacións de Madrid e Bruxelas continuarán, polo menos durante algúns meses.

Zafan os 55 que xa teñen sentencia que os recoñece como traballadores do ente

Os traballadores das subcontratas que no pasado gañaran as denuncias ás produtoras por cesión ilegal de operarios á CRTVG zafaron polo de agora. Trátase duns 55 casos, informadores que estaban contratados polas filiais dos xornais (La Región, El Pogreso, La Voz, etc .) pero que en realidade seguían ordes en exclusiva da empresa pública.

None

A avalancha de sentencias por cesión ilegal de traballadores meteu á CRTVG nunha rúa sen saída. Malia o seu empeño de prolongar os preitos, a Compañía xa tivo que recoñecer como traballadores propios a esas 55 persoas. Ademais, a empresa pública está a gastar unha verdadeira fortuna nos recursos ante a Xustiza, que mesmo chegaron ao Tribunal Supremo, sen obter a penas sentenzas favorábeis.

Segundo fontes dos operarios, hai outros 37 profesionais que tamén denunciaron pero aínda non teñen sentencia firme. GC non confirmou aínda se este último grupo está afectado polos despedimentos, pero os traballadores apuntan a que o Ente retirá os recursos. En todo caso, é evidente que a Compañía está tratando de desprenderse do máximo número posible de informadores para evitar ter que recoñecer como propios aos operarios das subcontratas.

As mesmas fontes apuntan que a desaparición das delegacións de Pontevedra e Ferrol é definitiva. O resto pode recuperarse no futuro, suponse que en parte cos traballadores que a CRTVG está tendo que admitir como propios.

O PPdeG comeza a tentar reordenar o panorama mediático galego

Esta decisión supón un golpe da Xunta á economía de algúns xornais, sobre todo os máis pequenos como La Región (que operaba as delegacións de Ourense e Madrid), ou o Grupo Progreso, pois as subcontratas eran unha das súas vías máis firmes de financiamento. Ao fío disto, cómpre ter en conta que La Región leva varios meses aplicando un evidente cambio de liña editorial, agora crítica coa Xunta cando sempre foi un medio próximo ao PPdeG. La Voz e Faro tamén operaban delegacións.

Fontes do Consello de Administración da CRTVG aseguran que Alfonso Sánchez Izquierdo, ex-director da CRTVG, tomou esta decisión sen consultar cos vogais de BNG e PSdeG.

O cadro de persoal, dividido

En todo caso, os máis prexudicados son evidentemente os informadores que hoxe atopáronse de súpeto na rúa. O cadro de persoal da CRTVG, dividido polas circunstancias que afectan a cadaquén, non demostrou até o de agora a necesaria unidade de resposta sindical.

Vítimas dunha enorme precariedade, os traballadores lograron finalmente que se convocaran máis de 200 prazas de oposicións, paralizadas pola Xunta do PPdeG. Gran parte dos informadores rexeitan esta OPE, pois consideran que non cobre vacantes de abondo, e piden unha consolidación dos seus postos, postura que non é compartida polo Comité Intercentros (presidido pola CIG con membros de Comisións e UXT). A consolidación é defendida dende a CUT.

O peso da subcontratación no ente público aumentou con todos os gobernos. O Comité calcula que máis do 40% do orzamento da CRTVG vai para pagar as produtoras privadas, porcentaxe que aumentará o próximo ano. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

10 Benito

En El Pais mencionan que esta decision depende en buena medida de una orden ministerial. Aparte, el gasto de convenios ni implicaba que los trabajadores de las delegaciones cobraran ni minimamente bien, de hecho estaban bastante explotados. A esto habria que sumar que para las municipales todo el control informativo pasara directamente por los filtros de la TVG, eliminando cualquier conato critico que se pudiera dar. Y tambien que los sindicatos ya estan hablando de otras vias de contratacion externa.

1 Porco Jones

Que caralho van cobrar, se xa o cobra todo Jhaioso...hahahaha

9 nosveremos....no es eterno..

Sr. FEIJOO: sabe usted a quien tiene y como...gobernando la telegaita y la radio galita...? quiere saberlo...? pongase en contacto conmigo.... yo no tengo pluses,ni prebendas de ningun tipo, llámeme hombre..con mucho gusto le haré un favor (y a todos los gallegos) - si no lo hace podemos pensar que no le interesa.... - es gratis !!!!

8 LLEVO25AÑOSVIENDOROBAR

CRTVG, Y EL RESTO DE LOS CHIRINGUITOS DE LA ADMINISTRACION TIENEN QUE DESHACERSE DE TODOS LOS INUTILES,ENCHUFADOS,HIJOS DE TAL,MAFIOSOS,PARÁSITOS,VAGINALES,ANALES..ETC,ETC, - ESA SERÍA LA MANERA DE AHORRAR Y AMORTIZAR ESOS SERVICIOS. - EL RESTO SON GANAS DE TOMARNOS POR TONTOS - POR LAS BUENAS O POR LAS MALAS, YA VEREMOS.....

7 Vagalume

A partir de agora as delegacións informativas pasarán a estar en cada unha das sedes provinciais do PP.

6 Gamela

Este modelo de subcontratación infinita é un modelo imposible de sustentar para unha autonomía coma nosa e por riba a calidade informativa decae proporcionalmente ao número de subcontratas. Chegará a ser NOTICIA que chove no inverno e vai sol no verán!