A TVG suspende os informativos locais

O PPdeG toma unha decisión que convulsiona o sistema mediático galego e que pode estar detrás dalgúns cambios de liña editorial nos últimos tempos.

Por Walter Burns | O Irixo | 30/11/2010 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Nunha manobra que colleu por sorpresa aos traballadores, a CRTVG deu por finalizado as contratas dos informativos locais hoxe polo mañá. Estes programas eran xestionados polas produtoras privadas filiais dos diferentes xornais de Galicia nas sete cidades, salvo en Santiago de Compostela.

None

Segundo fontes do cadro de persoal, a empresa pública eliminará temporalmente as desconexións da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Vigo e mesmo Santiago, malia que esta última era operada polo propio ente.

As produtoras entregaron hoxe por sorpresa ducias de cartas de despedimento nas seis cidades, excepto na capital de Galicia. As mesmas fontes apuntan que as delegacións de Madrid e Bruxelas continuarán, polo menos durante algúns meses.

Zafan os 55 que xa teñen sentencia que os recoñece como traballadores do ente

Os traballadores das subcontratas que no pasado gañaran as denuncias ás produtoras por cesión ilegal de operarios á CRTVG zafaron polo de agora. Trátase duns 55 casos, informadores que estaban contratados polas filiais dos xornais (La Región, El Pogreso, La Voz, etc .) pero que en realidade seguían ordes en exclusiva da empresa pública.

None

A avalancha de sentencias por cesión ilegal de traballadores meteu á CRTVG nunha rúa sen saída. Malia o seu empeño de prolongar os preitos, a Compañía xa tivo que recoñecer como traballadores propios a esas 55 persoas. Ademais, a empresa pública está a gastar unha verdadeira fortuna nos recursos ante a Xustiza, que mesmo chegaron ao Tribunal Supremo, sen obter a penas sentenzas favorábeis.

Segundo fontes dos operarios, hai outros 37 profesionais que tamén denunciaron pero aínda non teñen sentencia firme. GC non confirmou aínda se este último grupo está afectado polos despedimentos, pero os traballadores apuntan a que o Ente retirá os recursos. En todo caso, é evidente que a Compañía está tratando de desprenderse do máximo número posible de informadores para evitar ter que recoñecer como propios aos operarios das subcontratas.

As mesmas fontes apuntan que a desaparición das delegacións de Pontevedra e Ferrol é definitiva. O resto pode recuperarse no futuro, suponse que en parte cos traballadores que a CRTVG está tendo que admitir como propios.

O PPdeG comeza a tentar reordenar o panorama mediático galego

Esta decisión supón un golpe da Xunta á economía de algúns xornais, sobre todo os máis pequenos como La Región (que operaba as delegacións de Ourense e Madrid), ou o Grupo Progreso, pois as subcontratas eran unha das súas vías máis firmes de financiamento. Ao fío disto, cómpre ter en conta que La Región leva varios meses aplicando un evidente cambio de liña editorial, agora crítica coa Xunta cando sempre foi un medio próximo ao PPdeG. La Voz e Faro tamén operaban delegacións.

Fontes do Consello de Administración da CRTVG aseguran que Alfonso Sánchez Izquierdo, ex-director da CRTVG, tomou esta decisión sen consultar cos vogais de BNG e PSdeG.

O cadro de persoal, dividido

En todo caso, os máis prexudicados son evidentemente os informadores que hoxe atopáronse de súpeto na rúa. O cadro de persoal da CRTVG, dividido polas circunstancias que afectan a cadaquén, non demostrou até o de agora a necesaria unidade de resposta sindical.

Vítimas dunha enorme precariedade, os traballadores lograron finalmente que se convocaran máis de 200 prazas de oposicións, paralizadas pola Xunta do PPdeG. Gran parte dos informadores rexeitan esta OPE, pois consideran que non cobre vacantes de abondo, e piden unha consolidación dos seus postos, postura que non é compartida polo Comité Intercentros (presidido pola CIG con membros de Comisións e UXT). A consolidación é defendida dende a CUT.

O peso da subcontratación no ente público aumentou con todos os gobernos. O Comité calcula que máis do 40% do orzamento da CRTVG vai para pagar as produtoras privadas, porcentaxe que aumentará o próximo ano. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

5 trovador

Don ERE que ERE

4 uno q sabe

Que se fodan, por estar todo o día cobrando e rañando a barriga. A culpa é de quen os enchufou aí. Oposicións e non enchufes na TVG!!!!!

1 tu puta madre

Deixa a coca, mamón

3 pampin

En que quedamos.Diciase que había que prescindir das produtoras porque chuchaban os cartos dos galegos .Agora se prescinde delas e tampouco nos vale.E o comité dalle e dalle .Só miran o seu ombigo e lles importa ren que todo vaia ó carallo.Claro como eles serán os últimos en ir a rúa.Porque de seguir así adeus , adeus

2 Curioso

uiiii, que curioso... La Voz non operaba en ningún destes casos.... a ver se fan o mesmo co DOG

1 unnn

La Voz na Coruña

2 Galicia Confidencial

Corrixido, moitas gracias!

3 Roi

O DOGA deixa de imprimirse para o ano. A ver se algún calades cando non tedes coñecemento.

1 Miguel

De nuevo una jugada maestra de Feijóo. A ver donde están ahora los que decían que compraba a los periódicos? Con esta medida ahorraremos mucho y no tendremos que soportar los patéticos informativos de la Telegaita, hay opciones más interesantes

1 Andamolho

Si home temos intereconomia e demais medios que se axustan moito o pensamento hiperdemocratico do inclito feixoo,a xogada mestra do tal especimen e a de baixar os televidentes da television publica galega ate niveis por baixo de cero para deste xeito ter o visto bo a hora de privatizala cumpaldoa de ser un coste inasumibel por non ser rendibel para as arcas da xunta,unha vez privatizada e en boas mans amigas o PP segue obtendo o beneficio publicitario,2x1,mentras Galiza queda sen ente publico que non poida ser fiscalizao pola oposicion.O democratico seria manter unha boa telivisio publica como servizo a sociedade mais vostedes de democracia entenen mais ben pouco.

2 Teresa

Lei xeral de Comunicación Audiovisual.

3 Teresa

Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

4 rosebud

Feijoo compra os periódicos con carto público a mancheas. a TVG non ten un peso e moi ó seu pesar, ten que facer recortes, este é un deles. Estamos agardando que a Xunta non imprima o DOGA en papel, feito único non só en España senón en Europa. Cae de caixón que se falamos de austeridade hai que suprimir o DOGA en papel. Cústanos 500 millóns de ptas/ano migueliño, imprímese en la voz de Galicia, e non se retira, adiviña porqué?. Para que la voz diga cousas, pero non todas as cousas e a xente non se entere de datos que lles interesaría saber á hora de votar.

5 JAVIER

PATÉTICAS SON LAS FORMAS EN LAS QUE SE ESTÁ ECHANDO A LA GENTE. Y SI LOS INFORMATIVOS DE LA TELEGAITA SON PATÉTICOS, ES PORQUE ALGUIEN PUSO EN ELLOS JEFES PATÉTICOS, LO CUAL NOS LLEVA A QUE A LO MEJOS EL PATÉTICO SUPREMO ES EL QUE TÚ ALABAS.... PATÉTICO POR CIERTO, LA VOZ LLEVA LA DELEGACIÓN DA A CORUÑA

6 Roberto G.

Rosebud, solo para que deturpes a partir de datos, no de falsedades: siete comunidades iniciaron el 2010 imprimiendo sus diarios oficiales: Baleares, Cantabria, Murcia, Canarias, Madrid, Castilla y León y Galicia. Ese es tu caso "único" no solo en España, sino en Europa. La Xunta ya ha contratado a Indra el proyecto de digitalización del DOG, que no DOGA. Y hacia marzo cristalizará con la implantación de este soporte como único difundible. Si el contrato Xunta-La Voz, apenas provechoso económicamente por el encarecimiento del papel, no ha decaído antes es por la desidia del bipartito en este campo y los infundados temores, afortunadamente iniciales, de la Administración Feijoo. Y ahora, fundamentada en información, emite opinión.

7 rosebud

Grazas pola información Roberto, xa parezco la voz de Galicia difamando... 7 de 17, que fan as outras 9?. O de a culpa é do bipartito podes gardalo, a eses xa os botamos, agora goberna un tal Feijoo, leva case dous¡¡ anos e ten presupostos cada ano un 10% menores que o anterior, hai que facer recortes, fáganse pois. As axudas a prensa son recortes necesarios, se se fan con A Nosa Terra e pecha, porqué non con tódolos demáis.

8 Roberto G.

En lo de A Nosa Terra tienes toda la razón. O proporcionales y para todos -como mucho, a modo de excepción a la regla, se comprendería una distorsión por discriminación lingüística en favor del gallego-, o ninguna para nadie. Y, si el Gobierno tiene miedo a hacerlo o no está seguro de dar el paso, que consulte en referéndum, por ejemplo, aprovechando las municipales.

9 Ronsel

Andamolho e Javier: chapeau!

10 investigacion

Penso que e bo que a crtvg xe faga cargo das delegacions e que monte unha unidade informativa nas sete grandes ciudades da Galiza, ainda así aforrarían cartos. En canto a os despedimentos abria que colocar a maior parte daxente nestas unidades e facer unha consolidacion de emprego real como fixo a xunta cos traballadores que levaban mais de 10 anos con contractos de todo tipo e non o que FIXERON ESTOS SINDICSLISTAS DE MERDA QUE TEMOS.e por certo eche razon o que conta queveo na sua nota do tal Javier eche un lambon encarado chupaculos aprobeitado eu son un dos expedientados por el.