A Xunta anuncia que un 73% dos beneficiarios da PAC recibirán o adianto de axudas esta semana

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, anunciou un pago de 46 millóns de euros en adiantos de axudas da Política Agraria Común (PAC) que chegarán a un 73% dos beneficiarios antes desta semana.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2017 | Actualizada ás 17:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, anunciou un pago de 46 millóns de euros en adiantos de axudas da Política Agraria Común (PAC) que chegarán a un 73% dos beneficiarios antes desta semana.

Así o anunciou este luns a titular de Medio Rural durante unha visita a unha explotación láctea en Santa Comba, onde explicou que estes 46 millóns son en concepto de pago básico (29,5 millóns), pago verde (15 millóns), réxime de pequeno agricultor (1,7 millóns) e agricultores novos (86.845 euros).

Segundo indicou o departamento autonómico, estas cantidades súmanse ás xa abonadas a semana pasada por valor de máis de 34 millóns en concepto de vacún de leite (24,7 millóns) e de vacas nutrices (9,28 millóns).

En total, a Xunta calcula que unhas 30.000 persoas poderán beneficiarse da PAC deste ano e que, con estes anticipos, até 22.000 agricultores e gandeiros xa terán cobrado as primeiras partidas.

A conselleira de Medio Rural visitou este luns unha explotación de reprodución para a produción de leite en Boaña de Arriba, en Castriz, Santa Comba. A titular da mesma, que conta con 26 animais, é ademais una das gañadoras dos premios Exceleite que premian a calidade hixiénico sanitaria do leite cru de vaca. En concreto, Elena Recarey García foi a gañadora na categoría de granxa pequena en extensivo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta