Unhas 70 persoas participan este martes nunha nova busca do octoxenario desaparecido en Taboada (Lugo)

Unhas 70 persoas conforman o dispositivo de busca conformado para este martes para tratar de localizar ao octoxenario desaparecido desde a tarde do luns día 13 de novembro en Taboada (Lugo). Mentres, tampouco hai novidade sobre a desaparición doutro home maior en Poio (Pontevedra).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2017 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

Unhas 70 persoas conforman o dispositivo de procura conformado para este martes para tratar de localizar ao octoxenario desaparecido desde a tarde do luns día 13 de novembro en Taboada (Lugo). Mentres, tampouco hai novidade sobre a desaparición doutro home maior en Poio (Pontevedra).

Desaparecido en Taboada (Lugo)
Desaparecido en Taboada (Lugo) | Fonte: Europa Press

Segundo informaron a Europa Press fontes do dispositivo de Taboada, após o chamamento realizado, este martes xuntáronse ás 9,00 horas unhas 70 persoas entre as que se inclúen veciños, efectivos do GES de Monterroso, Protección Civil de Taboada, Guardia Civil e persoal do Concello de Taboada.

Así, o dispositivo realizará un rastrexo até as 13,00 horas e un segundo pola tarde a partir das 15,00 horas ata que escureza. En concreto, centraranse na zona do lugar da Torre, que é onde desapareceu o home.

O octoxenario Alfredo Rodríguez Vázquez desapareceu no lugar da Torre, na parroquia de San Mamede. Vestía chaqueta cor verde e pantalón beige. O home atopábase na vivenda que comparte con outros familiares cando foi visto por última vez sobre as 18,00 horas do luns día 13 de novembro.

DESAPARECIDO EN POIO

Mentres, en Poio (Pontevedra) seguen sen novidade sobre o paradoiro do veciño de 84 anos que permanece desaparecido desde o 12 de novembro. As patrullas da Guardia Civil da zona están avisadas e seguen alerta para tratar de localizar ao desaparecido e fontes de Protección Civil comentaron a Europa Press que non hai dispositivo de rastrexo activo.

O octoxenario desaparecido en Poio, Francisco, Rodriño Ucha, de 84 anos, saíu ás 17,00 horas do domingo 12 de novembro a dar un paseo polas inmediacións da súa casa no Muiño, San Xoán, e, como adoitaba volver sobre as 19,00 horas, após esperar que regresase, denunciaron a súa desaparición na madrugada do día 13.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta