A castaña, unha alternativa económica no agro galego

A provincia de Ourense concentra o 75% da produción deste froito en Galicia. A Xunta aposta por reforzar este sector para manter a poboación destas áreas e crear postos de traballos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 28/11/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Xunta está convencida da importancia da castaña como un elemento de dinamización económica do rural. Por iso, deu xa o seu visto e prace a un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o concello de Riós para desenvolver un programa específico de promoción do cultivo e a produción de castaña durante os anos 2017, 2018 e 2019 no Centro de Desenvolvemento Agroforestal que ten este municipio ourensán.

Souto de castiñeiros
Souto de castiñeiros | Fonte: galiciaunica.es

A produción de castaña é un sector importante para o rural da provincia de Ourense, posto que concentra o 75% da produción deste froito no país e fai de Galicia unha potencia a nivel estatal. Deste xeito, e coa intención de desenvolver o sector primario nesta zona e con especial fincapé na produción de castaña, a Consellería do Medio Rural e o concello de Riós asinarán nos vindeiros días un convenio para dotar o Centro de Desenvolvemento Agroforestal de técnicos especialistas para resolver as dúbidas que teñan os silvicultores e produtores en todo o referente á produción de castaña, tanto na plantación, cultivo e comercialización como na tramitación de axudas ou licenzas.

FORMACIÓN PROFESIONAL

Así mesmo, vaise potenciar unha formación profesionalizada entre este sector, mediante cursos e xornadas de formación que estarán dirixidas especialmente a produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

Deste xeito, segundo a Xunta, daráselle un impulso a esta actividade, que se consolida como alternativa económica no agro galego e que permite manter a poboación destas áreas e poñer en valor postos de traballos e rendas.

Castañas
Castañas

ZONA PRODUTORA

Este centro de Riós dá servizo á comarca de Conso-Frieiras e á zona de Monterrei, aínda que con este convenio se pretende reforzar toda a provincia de Ourense. Dende alí aténdese os produtores de castañas en todas as súas necesidades e lévase a cabo unha vixilancia exhaustiva dos soutos por se fose necesaria a realización de accións de loita contra posibles doenzas.

Cómpre salientar que nesta zona a produción se eleva a unhas 10.000 toneladas de castañas, que correspondería aos concellos de Monterrei, Vilardevós, Castrelo do Val, Laza, Riós, A Mezquita, A Gudiña, Cualedro, Oímbra e Verín. En termos económicos estamos a falar de máis de 10.000 persoas produtoras cunha facturación duns 12 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Anti...

Xa falou o experto autraliano en eucaliptos. No teu eido poderás poñer o que che saia do c..., mais sen inzar aos demais veciños de esa arbore noxenta. E eu que teño carballos e pago unha contribución alta pois a vós X elevado a 10 pola praga e polo que dicides gañar de cartos. Que semella que só ti coñeces o país como se os demais foran estraterrestres, non sei como non te levou Nasa pra botar foguetes o espacio exterior.

1 anonimo

Argumentos machiño, non pampadas,e senón a falar do que saibas e do resto chitón. Árbore noxenta? Vaia argumento elaborado.... Contribución?... Pfff... K te sales!!! Veña vai a opinar de algo que controles que desto más aló dos cantos de loro que soltarse sempre 0 patatero.

1 Graña

Se a Xunta estivera tan interesada pòla castaña non favorecería a plantación masiva de eucaliptos.

1 anonimo

"non favorecería a plantación masiva de eucaliptos". Mira igno.... Dende o ano 1995 non se subvenciona a plantación de eucalipto nin é posible obter ningunha axuda para a realización de rozas, podas ou calquera outro tipo de tratamentos mediante axudas públicas. Mentres existeu sempre unha orde de axudas específica para as frondosas (ao igual que para piñeiro) e dende hai uns anos unha específica para castiñeiro de froito. Por non falar das axudas de comercialización ou as de agader na que as referidas á castaña son posibles e se conceden. Se se plantan eucaliptos é porque é unha madeira rentable, porque o mercado o demanda e porque o dono da terra quere, non precisando subvencións nin lerias para ser rentables. Pesaos que sodes falando por falar e sen put... idea do mundo forestal nin do rural, nin do que opinan os propietarios das terras.

2 José

Precisamente nun país como éste, que foi terra de frondosas e está como está, é necesaria a intervención do sector público para compensar as demandas dese mercado voraz, que non coñece límites (ti que vas de experto do mundo forestal has sabelo) da industria celulósica e lograr de aqui a 40 anos o que non quixeron abordar desde hai 80 os distintos gobernos, españois ou galegos: diversificación forestal e industrial

3 anonimo

José. Ninguén está en contra da diversificación, pero ten que haber mercado, local, nacional ou internacional. Ninguén está en contra de que planten castiñeiros, oliveiras ou arandos. Ninguén se opón a gandeiría extensiva de montaña, ao cultivo de plantas menciñais.... E sobran hectáreas de monte que a día de hoxe se atopan baldías. Pero que digan que 400 ha de eucalipto en 2'5 millóns son a peste todo o santo día denota que andan moi pouco monte..... E ven poucos aproveitamentos dos que se están a facer xa

4 José

Anonimo. O problema é que esas 400.000 has, ou máis, están onde están e como están, representando un enorme risco para a poboación, como acabamos de comprobar. Faise necesario un proxecto global que parta de asumir tres conceptos, ordenación, restricións e diversificación. Hoxe o que temos é só mercado da celulosa. O resto é só potencial, comparado co que podería ser.