Feijóo nega que haxa colapso das Urxencias e chama a facer un “uso responsable” da sanidade

O presidente galego defende o “sistema eficiente” do Sergas e lembra que a campaña de vacinacións estará aberta ata o 29 de Nadal.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/12/2017 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

“Os profesioniais están traballando dentro dun sistema eficiente”. Así respondeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando se lle preguntou polo colapso do servizo de urxencias que se deu a principios desta semana na Coruña, Vigo e Ourense. 

Colapso nas urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Colapso nas urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: Galiza Ambulancia Twitter

O máximo dirixente da Xunta pediulle aos usuarios da sanidade un “uso responsable” das urxencias e recomendoulle aos pacientes que tamén poden acudir aos puntos de Atención Primaria para solventar problemas sanitarios. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo tamén lembrou que ata o 29 deste mes está aberta a campaña de vacinación e que, polo tanto, os usuarios poden acudir con calma aos centros hospitalarios.

A Consellería de Sanidade informou este mércores da melloría da situación nos servizos de Urxencias dos hospitais galegos após repuntes de actividade a principios de semana e indicaba que "mentres haxa camas non hai colapso". O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, manifestaba que se realizaron reforzos puntuais de persoal de enfermaría, médico e auxiliares, así como do servizo de limpeza nalgúns hospitais a raíz do aumento da demanda asistencial en días pasados.

O pasado luns a Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) denunciaba a existencia de "colapso" en urxencias, "cuns 50 pacientes á espera de cama" nesta xornada. Tamén o sindicato CCOO pedía explicións polo caos neste servizo e pedía respostas por parte da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 ex-votante de podreiros

e o famoso político vello e camandulesco si o vello -Vieiras de podreiros, agora como non son elecions de deputados pasa de todo que sinvergonza e vai pola privada señores o marcapasos e da privada...

6 Lopez

¿E que é según o presidente un uso responsable? ¿Grabar unha serie de televisión no Meixoeiro?

5 Sesese

Ainda fun o luns tarde ao chuac por unha derivación do medico do pac. Habia moita xente, si,pero recibin asistencia excelente en 3 horas, evidentemente hai que esperar segun a gravidade dos doentes. Pola miña experiencia ese dia ,non teño queixa do sistema publico de saude

4 Sanitario

As urxencias son agora coma corredores da morte. Se tes sorte sobes a pranta e se non tes sorte quedas aparcado en urxencias 2 ou 3 días. En fin de semana non te libra ninguén de pasar a fin de semana sen outra visita que algún médico en prácticas. É un novo método de desafiuzamento de corpos. É certo que é un mal uso da sanidade pública, porque a sanidade pública está para usala ben e curarse, non para perder a saúde e a dignidade nun pasillo.

3 IVANOV HAQUER RUSO

hoxe en Ourense as 3 da tarde cando saia do CHUO, non tiñan pacentes nos pasillos polo visto estiveron as ambulancias levando e levando pacientes (altas a go-go) a casas e xeriatricos, hoxe estaba o pasillo limpo de pacientes en urxencias non se veian padiolas, non tiñan aglomeración... imos ver maña!!! imos ver o que pasa o fin de semana!!!! frijoles deixa de mentir tanto PP-iTO FARSANTE... FIXERON LIMPEZA!!!