As mareas consolídanse nos concellos galegos

Unha enquisa de Sondaxe publicada por La Voz suliña que Compostela Aberta aumenta a súa vantaxe sobre o PPdeG en dous concelleiros. Cae o PSdeG e PPdeG e o BNG estáncase. Fontes consultadas falan de “certa maquillaxe” de datos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/12/2017 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O “alcalde 2.0”, como se refeire a el El Correo Gallego, colleitaría unha nova vitoria electoral de celebrarse hoxe unhas novas eleccións municipais en Santiago de Compostela. Martiño Noriega e a súa formación, Compostela Aberta (CA), aumentarían en intención de voto e superarían ao PPdeG en dous concelleiros, 11 fronte a 9. Son os datos dunha enquisa de Sondaxe publicada por La Voz de Galicia este domingo.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

O efecto das mareas, cando menos as municipais, seguiría sendo importante no espectro político galego segundo este estudo que sinala que Compostela Aberta logra agora dous edís de marxe sobre o PP e distánciase porcentualmente en estimación de voto (39,5 % por 31,7 % dos populares). Unha circunstancia que se entende polo “desplome” do voto socialista, que segue perdendo apoios e deixa outro edil polo camiño. 

Segundo La Voz, o PSdeG afúndese nas estimacións con só o 12,2 % dos votos, que se traducen en tres concelleiros. Trátase da peor expectativa electoral tras moverse durante décadas entre as maiorías de Xerardo Estévez nos 80 e 90; e o respaldo cidadán xa neste século de Sánchez Bugallo, que nunca baixou de nove edís. O grupo agora liderado por Francisco Reyes, que baixara a catro concelleiros no 2015, leva meses funcionando con só tres por un problema interno que se resume en que un funcionario municipal que ía na lista non tomou posesión do seu escano. 

O BNG, ESTANCADO

O BNG non se aproveita desta caída do voto socialista, nin tampouco do desgaste do goberno do nacionalista Martiño Noriega. De feito, o Bloque mantén os seus dous concelleiros actuais. Tampouco acadaría representación Ciudadanos, que mesmo baixa en intención de voto con respecto as eleccións do 2015. Polo que o voto que perde Cs e o PPdeG iría para Compostela Aberta. Unha circunstancia difícil de entender, pero que tamén acontece en Pontevedra, co rexedor do Bloque, Miguel Anxo Fernández Lores.

Martiño Noriega, alcalde por Compostela Aberta
Martiño Noriega, alcalde por Compostela Aberta

Segundo fontes consultadas por GC, estes datos da enquisa de Sondaxe estarían “un pouco maquillados” e a diferencia entre CA e o PPdeG non sería tan destacada. “Os nosos datos apuntan a un empate técnico”, indican. Tamén sinalan que esta enquisa será diferente cando se teñan solventado os problemas internos do PSdeG, que actualmente se atopa en procesos internos de elección da súa cúpula provincial. No que si coinciden é que o candidato que Alberto Núñez Feijóo queimou para tentar recuperar a alcaldía, Agustín Hernández, “non acaba de despegar”.

PROBLEMAS DA CAPITAL

Segundo a enquisa de Sondaxe os problemas de Santiago son o desemprego e a escaseza de empresas e de tecido industrial. Así o subscriben o 21,5 % dos enquisados.  Os que insisten no mal estado das estradas, rúas e beirarrúas representa o 20,5 % dos consultados. 

Nun segundo bloque de preocupacións dos cidadáns figuran a xestión do tráfico, a deficiente sinalización e a escaseza de aparcadoiros (11,4 %); a saturación dos centros de saúde, a escaseza de axudas ás persoas necesitadas e as políticas de igualdade (11,1 %); e o transporte urbano deficiente (10,1 %).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

7 Natasha Rostova delasRestrevas

Oh, que grandes alegrías: as Mareas van gobernar dous municipios capitalinos se o PSOE (alguén sabe se existe aínda o PsdG e o bloque) os apoian. Dos inventores do cambio que acabou sendo recambio chega agora: avanzamos recuando aos pouquiños... Parabéns Beiras, Martiño e Antonciño... Grandes éxitos os vosos. Aos vosos votantes, só desexarlles que sigan gozando do votado... E por certo, os datos desa enquisa mudarían moito se no PSOE se decidisen a presentar a Leiceaga, no PP a Puy e no bloque a alguén que teña "gancho"... Ou sexa, resumo: avanzades... Que grandes avances os vosos... Cara atrás?!

1 comunista independentista

Próeche Kollona? Pois raña.

2 Portus Marinus

A cara Kollona delasRestrevas prefire ao PsoE e mesmo ao Partido Podre no poder que ás Mareas de Podemos. Unha vez más dio ben clariño. A eztúpida aínda pensa que no PsoE e nos Podres hai xente decente? Acredita nos líderes salvadores? Non, representa a fame do BNGuai: senón mamo eu, ti tampouco! E co PsoEspañol sempre poderemos chupar algo! E sen competencia directa recuncar ou pactar-chupar! Todo contra as Mareas de Podemos, todo o amor que virou en odio! Toda a miseria humana concentrada nunha noxenta raposa bloqueira!

3 Natasha Rostova delasRestrevas

Eu creo que ao que che proe algo debe de ser a ti, visto o nibelaso que gastas en hargumentar. En verdade, ninguén se para a pensar na hipocresía que representa defender a igualdade entre homes e mulleres e que eu teña que aturar cada vez que comento algo estes comentarios que non son micromachismos son macromachismos. Creo que o problema o temos todos os galegos e galegas de esquerdas... Ao do segundo comentario: ti tomasme por parva ou que? Con quen gobernan as Mareas??? En fin, pregunto de novo: credes en Galicia Confidencial que se pode representar un xornalismo serio cando permitides comentarios coma este? En verdade, un día destes vou preguntar ao organo ese de xornalistas que vos representa que pensa disto? Ou é que os micromachismos só existen cando os publican os periódicos chachiguais de Madrí?

6 Fernando G

El Correo Gallego necesita subvenciones y publicidad del Concello de Santiago de Compostela. Eso es todo.

5 De caixón

Non é a eficacia na xestión dos Podemitas nas urbes galegas, senon que os grupos expañoistas, do réxime do 78 teñen cada vez menos apoio na Galliza urbán. Sobre todo entre a xuventude galega, onde o apoio ao PP é case residual. Tendencia ben definida nas últimas enquisas de La Voz do seu amo. Problema de futuro para o réxime neo franquista e a sua "sacrosanta unidade" a que lle medran os ananos. Claro que no rural galego, sobre todo no mais profundo, o clientelismo PePeiro, arrampla. O BNG coma ven comentando La Voz volta a faiar no voto fiminino a pesares dun liderazgo e programa feminista que ten. De todos os xeitos a mudanza é a cotío, mais lenta, tamén.

1 bautista do unto

O mesmo que o BNGuai, que ou se estanca ou segue baixando, por máis que La Coz faga continuamente propaganda da Pontona

2 Natasha Rostova delasRestrevas

Estás moi equivocado: en Pontevedra hai un modelo de cidade... En Compostela e na Coru só sodes a menos mala das alternativas e recolledes moito voto ninista (ou sexa ni de izquierdas ni de derechas, pero siempre guay)... Non falo de Ferrol porque a estas alturas aí xa hai moitos meses que se sabe que non recuncades agás milagre. E o milagre ten que ser grande. Que curiosa enquisa a estas alturas e cando aos vosos compis catalás non semella que lles vaia acompañar a sorte eleitoral... A teor das enquisas, claro... Sabido é que en Cataluña hai moitos emigrantes galegos.. Que cousas non? https://www.youtube.com/watch?v=s6V...

4 Misha

Lo mejor es que el bloque seguirá con lo de aquí no pasa nada tengo la silla guardada porque no se plantean que pasó para que no avancen y simplemente poco a poco desaparecen puede se la independencia la estrella roja que espabilen

1 Hipócrates

Baixan os grupos expañolistas na Galiza urbán, e ti ves o problema no BNG. Está cantado que o problema...mais ben o tes ti. Os políticos uns e outros, xa o teñen, xa o teñen asegurao. Faiteo mirar, por un profesional, antes de que os teus remates de derribar o sistema social sanitario., e que te sea leve.

2 Misha

Hipócrita por eso en Galicia gobierna el pp y no el bng aquí hace falta un galleguismo amable y no un nacionalismo radical que lo único que ha hecho es hundir el idioma y pensar que aún los gallegos son pobres emigrantes cuando todos tienen su buena casa más bien mirarlo tu que estas muy grave

3 Fernando Varela

Por deus que alguén lle dea un balium a algún destes que lles caí dar un infarto. Pero o triste é que vos pode a xenreira, cando deberíades estar orgullosos de que la capital galega estea un nacionalista Boa enquisa

1 comunista independentista

É un nacionalista, pero non é "de los nuestros". Son uns sectarios, por iso rabean.

2 Natasha Rostova delasRestrevas

Nacionalista de que nacion? Pois nada a seguir facendoo tan ben que na proxima enquisa xa saides con maioria absoluta. O bloque precisa candidatos con gancho electoral por certo.