As mareas consolídanse nos concellos galegos

Unha enquisa de Sondaxe publicada por La Voz suliña que Compostela Aberta aumenta a súa vantaxe sobre o PPdeG en dous concelleiros. Cae o PSdeG e PPdeG e o BNG estáncase. Fontes consultadas falan de “certa maquillaxe” de datos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/12/2017 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O “alcalde 2.0”, como se refeire a el El Correo Gallego, colleitaría unha nova vitoria electoral de celebrarse hoxe unhas novas eleccións municipais en Santiago de Compostela. Martiño Noriega e a súa formación, Compostela Aberta (CA), aumentarían en intención de voto e superarían ao PPdeG en dous concelleiros, 11 fronte a 9. Son os datos dunha enquisa de Sondaxe publicada por La Voz de Galicia este domingo.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

O efecto das mareas, cando menos as municipais, seguiría sendo importante no espectro político galego segundo este estudo que sinala que Compostela Aberta logra agora dous edís de marxe sobre o PP e distánciase porcentualmente en estimación de voto (39,5 % por 31,7 % dos populares). Unha circunstancia que se entende polo “desplome” do voto socialista, que segue perdendo apoios e deixa outro edil polo camiño. 

Segundo La Voz, o PSdeG afúndese nas estimacións con só o 12,2 % dos votos, que se traducen en tres concelleiros. Trátase da peor expectativa electoral tras moverse durante décadas entre as maiorías de Xerardo Estévez nos 80 e 90; e o respaldo cidadán xa neste século de Sánchez Bugallo, que nunca baixou de nove edís. O grupo agora liderado por Francisco Reyes, que baixara a catro concelleiros no 2015, leva meses funcionando con só tres por un problema interno que se resume en que un funcionario municipal que ía na lista non tomou posesión do seu escano. 

O BNG, ESTANCADO

O BNG non se aproveita desta caída do voto socialista, nin tampouco do desgaste do goberno do nacionalista Martiño Noriega. De feito, o Bloque mantén os seus dous concelleiros actuais. Tampouco acadaría representación Ciudadanos, que mesmo baixa en intención de voto con respecto as eleccións do 2015. Polo que o voto que perde Cs e o PPdeG iría para Compostela Aberta. Unha circunstancia difícil de entender, pero que tamén acontece en Pontevedra, co rexedor do Bloque, Miguel Anxo Fernández Lores.

Martiño Noriega, alcalde por Compostela Aberta
Martiño Noriega, alcalde por Compostela Aberta

Segundo fontes consultadas por GC, estes datos da enquisa de Sondaxe estarían “un pouco maquillados” e a diferencia entre CA e o PPdeG non sería tan destacada. “Os nosos datos apuntan a un empate técnico”, indican. Tamén sinalan que esta enquisa será diferente cando se teñan solventado os problemas internos do PSdeG, que actualmente se atopa en procesos internos de elección da súa cúpula provincial. No que si coinciden é que o candidato que Alberto Núñez Feijóo queimou para tentar recuperar a alcaldía, Agustín Hernández, “non acaba de despegar”.

PROBLEMAS DA CAPITAL

Segundo a enquisa de Sondaxe os problemas de Santiago son o desemprego e a escaseza de empresas e de tecido industrial. Así o subscriben o 21,5 % dos enquisados.  Os que insisten no mal estado das estradas, rúas e beirarrúas representa o 20,5 % dos consultados. 

Nun segundo bloque de preocupacións dos cidadáns figuran a xestión do tráfico, a deficiente sinalización e a escaseza de aparcadoiros (11,4 %); a saturación dos centros de saúde, a escaseza de axudas ás persoas necesitadas e as políticas de igualdade (11,1 %); e o transporte urbano deficiente (10,1 %).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

2 Traizoados polo Vieiras S.A.

a estafa de podreiros na Galiza xa quedou o descuberto, a marea e a marca branca coa que o opresor expañolento podreiros ataca e rouba a un pobo enteiro, NON SE DEIXEN ENGANAR, NON SE DEIXEN ENGALIOLAR POLOS CANTICOS DE SEREAS -VIEIROOPORTUNISTAS- mentiron, engañaron, estafaron, gobernaron para os seus amigos, corromperon incluso en pafetos de ámbito nocturno e agora están sendo promocionados polos seus amigotes os moi corruPPtos e depravados mareantes, ainda vimos o que pasou en toda expaña co complice do facismo expañol si o "falso mesias" WALDO DAS JONS PABLEIRAS (O COLETAS) sabemos o que están facendo, sabemos quen son ista tropa mareada e mareante o sabemos as ratas mais impúdicas para eles: pseudoesquerdismo de salón e ultradereitismod de mazmorra da Gestapo e ss

1 Comunista mona-rquico do 78

E...cais son "los nuestros" necionalistas' babián?. O Errejon? o xeneral que masacrou Libia? a Bescansa? o mais Mesias da coleta? ou outro rufián?

1 Amoxegador

Gestão desastrosa, mas se assim o quer o povo.

1 sermos mantidos

Sim, eu são mais de Lois Castrillo, de Santi (impulsor de Caballero), de Xaime Bello, e muito de Lores torero, e tambem dos pactos co PsoEspañol dos Gal, como Bugallo, dos que apoiaram a Orozco e Liñares, dos paineis de Ourense, do Severino e Pepa com avenida a Fraga, procisão ultra-católica e La Roja, do de Ribadeu que foi "agasajar" (sic) o Borbón... Além de gestão, boa imagem!

2 curcupitacea do horto

o dos pàneis de Ourense son os chamados noxentos -VIEIRISTAS DA ANOVA que estaban todos metidos no merderio, alex e demais cuchipanda agora están incluso acompañados por un ex-senador de podreiros de expañol, outro carromeiro da politicastria... cando non ha vergonza ha sinvergonzonería...