Temas: INCENDIOS LUMES

A Xunta di que os seus traballos en montes queimados minimizaron danos e evitaron unha erosión "drástica"

Alcaldes denunciaran que o temporal de choiva e vento provocou unha erosión "importante" do chan no parque do Xurés (Ourense), nos Ancares (Lugo) e na provincia de Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2017 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu que os traballos de restauración realizados --por técnicos do centro de investigación de Lourizán-- en montes queimados durante a vaga de incendios de outubro minimizaron danos e evitaron unha erosión "drástica" por mor das fortes choivas caídas hai uns días en Galicia.

Angeles Vázquez
Angeles Vázquez | Fonte: Europa Press

"A nivel ambiental e de erosión de chans, a primeira visualización que temos é de que non influíron drasticamente tal e como viamos que podían ser as escorrentías", explicou a preguntas dos medios este luns antes de participar no Consello Forestal. Así, os traballados realizados a través do 'mulching' --colocación de palla para evitar arrastres--, "fixaron o que é a capa do chan" e, "por tanto, as consecuencias poderían ser moitos peores de non realizar eses traballos".

"Temos a sorte de que os lumes pasaron moi pronto e de que a capa afectada foi a mínima", remarca a conselleira, que explica que "hai zonas moi importantes de piñeiros queimados nos que a poma estaba no chan e foi quen de asentar".

A semana pasada, diversos alcaldes consultados por Europa Press afirmaron que o temporal de choiva e vento provocou unha erosión "importante" do chan en zonas que arderon o pasado mes de outubro no parque do Xurés (Ourense), nos Ancares (Lugo) e na provincia de Pontevedra, sobre todo naquelas ladeiras con maior pendente.

Pola súa banda, expertos consultados sosteñen que as zonas de Galicia que rexistraron incendios cunha intensidade alta o pasado mes de outubro sufrirán erosión do chan mesmo oito meses despois do lume, é dicir, o próximo xuño aínda experimentarán desgaste ante fenómenos meteorolóxicos como o vento e a choiva.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta