Os médicos galegos, os únicos do Estado sen a carreira profesional recoñecida

Facultativos especialistas denuncian que a Xunta incumpre a lexislación sanitaria e levan 12 anos agardando por unha lei que desenvolva a súa actividade profesional, polo que acudirán á Xustiza europea para ver recoñecidos os seus dereitos. "Estamos sendo discriminados facendo o mesmo traballo", denuncian.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/12/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Os únicos do Sistema Nacional de Salud que non contan cunha Carreira Profesional ordinaria recoñecida. Os médicos galegos, cansos de agardar por unha lei que desenvolva a súa profesión e cansos de que a propia Xunta incumpra a lexislación en vigor, están decididos a recorrer á vía xudicial, e á Xustiza europea, para que se recoñezan os seus dereitos.

“A túa experiencia e a túa formación é recoñecida en calquera empresa, pero no Sergas non”, denuncia Milagros Moldes, cirurxiá do CHUS e secretaria da Asociación de Facultativos Especialistas de Galicia (Afeaga), creada neste 2017 co obxectivo urxente de conseguir a Carreira Profesional para os facultativos galegos da Sanidade.

A Carreira Profesional é un dereito de todos os facultativos (fixos e incluso eventuais, segundo diversas sentenzas de Tribunais Superiores de Xustiza doutras comunidades) que realizan o mesmo traballo sanitario. Incentiva e recoñece a formación especializada, a formación médica continuada, a labor investigadora e innovadora, así como a súa contribución docente e experiencia asistencial. E a administración está obrigada a lexislarla. En Galicia, denuncia Milagros Moldes, “non se recoñece esa experiencia, esa formación a maiores, toda a investigación, todos os cursos internacionais… Estamos nun limbo lexislativo”, asegura.

Os médicos galegos son os únicos de todo o Estado que non teñen Carreira Profesional ordinaria, nin recoñecida nin pagada: só houbo unha extraordinaria puntual no 2004, paralizada no 2009 pola crise. Deste xeito, levan máis de 12 anos agardando a que a Xunta desenvolva a normativa, a que están obrigados polas leis básicas que regulan as institucións sanitarias e os seus profesionais: o Estatuto Marco da Sanidade do 2005, Lei de Ordenación de Profesións Sanitarias do 2007 e o Estatuto Básico do Empregado Público do 2007. “Están aforrando unha morea de cartos con nós”, asegura Milagros Moldes.

En Galicia, todos os facultativos que son fixos na Sanidade Pública despois das OPE de 2006, 2008, 2012 e 2017 teñen grados cero de carreira. Ademáis, denuncia Afeaga, todos os especialistas que traballan como interinos ou eventuais, imprescindibeis para a labor asistencial e que representan ata un 23% dos planteis, son grado cero. Existen facultativos que levan ata 24 anos traballando no Sergas sen recoñecerselles o seu grado de carreira, cando deberían xa ter recoñecido un IV grado. Se un especialista sae de Galicia, non se lle recoñece o grado; pero se un ven a Galicia de fóra, si. “Estamos sendo discriminados dentro do propio SNS facendo o mesmo traballo”, aseguran dende Afeaga.

Aos facultativos especialistas non lles queda outra que recorrer á vía da Xustiza. Por iso contrataron xa ao vigués Fabián Valero, un dos especialistas en Dereito Laboral máis recoñecidos, e a Julia Suderow, especialista en Dereito comunitario en Hannover, para acadar as súas reivindicacións, e levar as súas reclamacións ata os tribunais europeos. “Xa tiveron tempo de facer algo. O vergonzoso é que con esta xente tense que recorrer aos tribunais europeos”, laiase Milagros Moldes.

Nas últimas negociacións entre Sergas e sindicatos para desconvocar a folga xeral prevista, a Xunta prometeu "iniciar unha negociación” sobre a carreira profesional no 2018, pero poñendo de saída límites: un único grado por riba do actual, sen recoñecer os anos de experiencia anteriores e que se comezaría a cobrar no 2019… pero só se hai orzamentos para iso. Máis argumentos para ver na vía xudicial a única solución para ver recoñecidos os seus dereitos.

Servizo de Fecundación in Vitro no CHUS compostelán.
Servizo de Fecundación in Vitro no CHUS compostelán. | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Cipollina de Tabernia

Moi ben, teredes razón, pero nos hospitais galegos aínda non pasou algo así: http://cadenaser.com/emisora/2017/1... Nin nos cataláns... Por certo, Nostrus, quen goberna nesta Comunidade Autónoma? Non tes nada que dicir? Ninguén vai asumir responsabilidades diante deste terrible caso e demitir? Ou é que tamén lle ides botar a culpa a Puchedemón e Putín.

2 Dr. Bacterio

Os médicos e o resto do persoal

1 Perlas

Ben feito..però o resto DOS traballadores estamos igual. Celadores, AUX de enfermería, técnicos superiores, enfermeros e enfermeras...personal administrativo...etc. Debemola cobrar todos...eventuales...e fixos. Carreira profesional para todos