Conecta con Galicia Confidencial en Telegram

GC abre unha nova canle de comunicación cos lectores para enviar por mensaxería instantánea as novas máis destacadas de cada día.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/01/2018 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial segue crecendo e espallándose na Rede. O xornal líder da prensa en galego estrea agora unha nova vía de comunicación cos seus lectores. Tras un período de probas, GC abre ao público a súa canle en Telegram.

Telegram.
Telegram.

Este novo paso dado por GC forma parte da estratexia deste xornal por ampliar horizontes e apostar por novas e alternativas vías de comunicación cos nosos lectores. Deste xeito, ás clásicas redes sociais, como Facebook ou Twitter, GC incorpora agora Telegram como sistema de mensaxería instantánea.

Os lectores que se incorporen a esta canle recibirán cada día, en distintos momentos, as novas máis destacadas de cada xornada publicadas na portada do noso xornal. A idea é que os lectores reciban inmediantamente nos seus trebellos móbiles ou ordenadores os contidos máis importantes que se van publicando cada día con prioridade 1 ou 2, é dicir, aqueles que aparecen máis destacados na nosa portada.

GC inicia, deste xeito, unha nova xeira en 2018, ano no que pretende non só consolidar o seu liderado entre os medios escritos en galego, senón tamén seguir medrando e ampliando audiencia. Será un ano no que aplicaremos novas estratexias expansivas de cara a conseguir afianzar a marca GC e a facer deste o xornal de referencia dos galegos que buscan información independente e só xestionada por xornalistas, sen ataduras nin débedas con partidos políticos, sindicatos, entidades financeiras ou calquera grupo de presión.

Se non tes Telegram, podes descargalo aquí tanto para trebellos móbiles (teléfono, tableta) como para ordenador, e logo conectarte á canle de Galicia Confidencial
(https://t.me/galiciaconfidencial).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta