A Audiencia ratifica a condena de 8,5 anos de inhabilitación a ex-alcalde do Porriño por prevaricación

Ve "evidente" o dolo penal e considera probado o delito na contratación irregular de tres asesores por parte de Raúl Francés, quen gobernou o Concello entre 2003 e 2010 á fronte do BNG.

Por E.P. | VIGO | 11/01/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza na que desestima o recurso de apelación presentado pola defensa de Raúl Francés, ex-alcalde do Porriño, e ratifica a condena de 8 anos e medio de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación administrativa.

Xuízo a Raúl Francés, ex-alcalde do Porriño
Xuízo a Raúl Francés, ex-alcalde do Porriño | Fonte: Europa Press.

Francés, que foi rexedor do Porriño polo BNG entre 2003 e 2010, e posteriormente concelleiro coa actual alcaldesa socialista, Eva García da Torre, foi xulgado pola contratación —no seu período como rexedor— irregular de tres asesores técnicos.

O xulgado Penal número 2 de Pontevedra condenouno en setembro de 2016 a 8 anos e medio de inhabilitación por prevaricación administrativa continuada, e a súa defensa presentou recurso de apelación, argumentando que se produciu un erro na valoración da proba durante o xuízo, e que se infrinxiu o principio de legalidade e da xurisprudencia sobre o delito de prevaricación na sentenza condenatoria.

A Audiencia Provincial desestimou agora o recurso, ao entender que, da proba practicada, non pode deducirse que a apreciación do xuíz fose "errónea ou ilóxica, e moito menos arbitraria". Así, dá por válidos os feitos considerados probados e ve "evidente a concorrencia de dolo penal", nunha resolución firme, contra a que non cabe interpor recurso algún.

DE ALCALDE DO BNG A EDIL CUNHA ALCALDESA SOCIALISTA

Raúl Francés foi alcalde do Porriño co BNG, entre 2003 e 2010, cando Nelson Santos lle arrebatou 'o bastón' grazas a unha moción de censura apoiada polo PP e por dous grupos independentes. En 2012 deuse de baixa no BNG e presentou (xunto a outros dous edís nacionalistas) a súa dimisión e renuncia á acta de concelleiro.

En 2015 volveu á escena política de forma sorprendente, como número dous (independente) na lista do PSOE, que encabezaba Eva García da Torre. Unha vez que a socialista foi investida rexedora, Raúl Francés converteuse en concelleiro de Emprego e Facenda no Porriño. Poucos meses despois, após coñecerse a apertura de xuízo oral contra el por prevaricación, presentou a súa dimisión e anunciou que abandonaba a política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 Hiolo

Qué raro, uno del BNG pillado prevaricando. Van de puros por la vida fardando de que todo lo hacen por Galiza, pero en cuanto pueden, a robar. Se ve que la disculpa del billete de lotero premiado no valió ahora

1 Pin pan pun

Se souperas ler bocachancla enteraríaste de todo... Pero en fin... Ratas sempre as haberá. Por moito Ratibrón que se use...