Tres feridos, dous deles menores de idade, nun accidente entre dous coches en Castro de Rei (Lugo)

Tres persoas, dúas delas menores de idade, resultaron feridas ao verse implicadas nun accidente de circulación entre dous coches rexistrado este sábado no municipio lucense de Castro de Rei.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2018 | Actualizada ás 18:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas, dúas delas menores de idade, resultaron feridas ao verse implicadas nun accidente de circulación entre dous coches rexistrado este sábado no municipio lucense de Castro de Rei.

O sinistro tivo lugar ao redor das 13,30 horas nas inmediacións do cemiterio de Duarría, segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.

Logo de recibir o aviso, o 061 Urxencias Sanitarias desprazou ao lugar dúas ambulancias asistenciais e unha medicalizada, así como persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de Castro Rei.

Os feridos, unha muller de 26 anos e dous menores de idade, foron trasladados polos efectivos do 061 a un centro hospitalario. Até o lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta