As mareas municipalistas debaterán como traballar de forma "coordinada" para as eleccións de 2019

Volveranse reunir o 20 de xaneiro co obxectivo de "seguir consolidando a rede municipalista". Do encontro tamén sairá un documento coas conclusións sobre as que avanzar de cara ás eleccións que se celebrarán o próximo ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2018 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

As mareas municipalistas volveranse reunir o próximo día 20 de xaneiro, neste caso en Santiago de Compostela, despois do primeiro encontro mantido en novembro do pasado ano en Ourense, co obxectivo de avanzar en como traballar de forma "coordinada" para impulsar os "obxectivos comúns" de cara a 2019, cando se celebrarán eleccións municipais.

Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas
Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas | Fonte: Europa Press

O programa previsto inclúe un debate sobre o horizonte e a "axenda de cambio", no que está previsto, segundo explicaron fontes da rede das mareas municipalistas, facer un balance sobre os últimos anos de xestión en concellos como o da capital galega. Tamén servirá para fixar retos comúns, nos que a municipalización de servizos segue sendo a gran expectativa creada.

A idea, explicaron os impulsores deste encontro que clausurará o rexedor compostelán, Martiño Noriega, é "seguir consolidando a rede municipalista", pero deste encontro tamén sairá un documento coas conclusións sobre as que avanzar.

MARCAS PROPIAS DAS MAREAS

As marcas propias das distintas mareas non están en discusión e, de feito, o propio líder de En Marea --a formación política referencia das mareas a nivel autonómico--, Luís Villares, xa manifestara que este partido respectaría a "autonomía" de cada unha delas.

"Cremos na absoluta autonomía local", manifestaron as fontes municipalistas consultadas, que precisaron que iso "non significa non facer política común, non ter obxectivos comúns e non traballar en rede".

Con todo, será nestes debates onde se aclarará se se articula algunha fórmula que permita aproveitar os votos de cada unha das mareas para outras institucións ou obxectivos, como as deputacións provinciais.

Isto sucedeu así en 2015 coa marca SON, que foi usada por varias candidaturas municipalistas para aglutinar votos (como Son de Teo), pero non así con listas como a de Marea Atlántica da Coruña --con Xulio Ferreiro como rexedor), que por si mesma, no entanto, está representada na institución provincial.

Está por decidir como evolucionará o debate neste sentido, pero as mesmas fontes consultas aseguran que a nomenclatura non está neste momento enriba da mesa. Outra cousa, precisan, é a definición das fórmulas de colaboración.

PROGRAMA PREVISTO

No programa está previsto que interveñan representantes das mareas municipalistas de Ourense, Santiago, A Coruña e Teo, mentres que o encontro será pechado, xa en xornada de tarde, polo rexedor compostelán.

A Noriega precederalle unha palestra de debate sobre o horizonte de 2019, que preparará o traballo para as municipais. Pola mañá será o momento de abordar cuestións de organización da "rede" conxunta de traballo, é dicir, dos lazos entre cada unha das mareas locais respectando esa "autonomía" que lles permite a cada unha tamén marcar a diferenza cara á súa formación autonómica referente, En Marea.

Temas: EN MAREA MAREAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 RAMIRO DE YOLI

Pero xa non contan con Ferrol en Común

7 ex-votante de anova

ASI TRABALLAN POR GALIZA: santiAGE de componendas golfiño merendiño 94.020 euros, coruños o ferriño 130.807 euros, foron moi aprendices do que fixo o vello -Vieiras compaxinando pagas de xubilado do catedralicio e pagas de politicastro parlamentario onde era moi absentista... señores votar pola comunista dependentista de expañol (aquí chamada marea) ten as suas nefastas consecuencias!!!

6 BIODRAMINA CONTRA O MAREO

o hierrol un cagodoiro, o coruños un cubo de lixo, e o santiAGE de componendas un pano dos mocos, aquí están as 3 cidades engañadas pola chamada marea e decir podreiros+izquierda la unitaria+anova(vieirismo) os resultados están a vista, desgobernó, corru-PPcion, dexeneración, intentan seguir, intentan perpetuarse os perpetradores coma o golfiño merendño no poder, seguir e seguir vivindo do conto, namentras falan de horizontalidade e de outras farsas os moi comendiantes, e ti aninda pensas seguir votando expañois e expañolentos VOTAR POR EXPAÑA E DARLLE UN FUTURO NEGRO A GALIZA!!!!-

5 O xeneral de Libia

Pregase ser puntuais, porque coma cheguedes 5 minutos tarde, xa rematou o balance destes últimos (ou derradeiros?) anos de xestión.

4 ramiro de yoli

Olvídense de Ferrol se queren segui profundizando en gobernos de unidade popular e de progreso