Rosalía, a icona da cultura galega, tamén servirá para a promoción do turismo

Os concellos de Ames, Brión e Padrón presentarán en Fitur un proxecto conxunto que inclúe un itinerario cultural que une os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión, Padrón e Dodro.

Por Galicia Confidencial | Ames | 16/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As pegadas de Rosalía”. Así se chama a nova oferta cultural que os concellos de Ames, Brión e Padrón presentarán en Fitur. Trátase dun itinerario cultural que toma como referencia a ruta deseñada polo intelectual Avelino Abuín de Tembra e está concibido para que as usuarias e usuarios poidan percorrelo en autobús, a pé ou en bicicleta.

Un prototipo do nome de Rosalía de Castro no avión da compañía Norgewian
Un prototipo do nome de Rosalía de Castro no avión da compañía Norgewian

O itinerario pasa por lugares como San Xoán de Ortoño (Ames), a igrexa de Bastavales (Brión), a colexiata de Iria Flavia (Padrón), o Pazo de Arretén (Padrón) e a Casa de Rosalía de Castro (Padrón).

"As pegadas de Rosalía é un novo produto turístico e cultural que responde ás actuais demandas das viaxeiras e viaxeiros, como son a busca de inmersión en destino, o respecto á identidade do territorio, o contacto coa poboación local ou a protección do medio ambiente, entre outras”, apuntan desde Ames.

Os rexedores dos tres concellos implicados nesta iniciativa agradecen a colaboración prestada durante o proceso de creación desta ruta por parte de Xosé Vizoso, autor do deseño da portada do material promocional, e por parte do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

Non é a primeira vez que a poetisa de Patrón inspira a outros sectores que non son culturais. Hai uns meses a compañía aérea Norwegian tamén lle puxo o nome de Rosalía de Castro a un dos seus avións para impulsar a “defensa da cultura e da lingua” de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Freixo

A palavra correcta e ÍCONE e o seu género é masculino.

1 Hai que informarse

Ícone non aparece. Icona, segundo a RAG: icona Reproducir substantivo feminino 1Relixión Imaxe relixiosa en pintura ou relevo, característica da Igrexa ortodoxa. Unha icona bizantina foi a peza de maior valor na poxa. 2 Signo que representa unha idea ou obxecto cos que mantén unha relación de semellanza. Algúns sinais de tráfico utilizan iconas. 3Informática Debuxo ou imaxe que na pantalla dun ordenador presenta as distintas funcións dun programa, as cales se activan ao ser seleccionado este debuxo ou imaxe mediante o rato ou o cursor.

2 Freixo

Sim, bom seria que os ignorantinhos se informassem: http://estraviz.org/icone . Dizer também que o uso metafórico da palavra é um decalco do castelhano. Melhor utilizar termos mais singelos como: símbolo, figura, emblema, imagem...

2 f4HB

¿E canto costou que esa compañía puxera a imaxe de Rosalía?

1 Fuilco

Qué mal suena en gallego lo de i-cona...

1 cesc

Titular con "chascarrillo"