As administracións públicas, Google e Ikea, os que menos respectan a lingua galega

A Mesa presenta o balance anual de 'A liña do galego', a ferramenta para velar polos dereitos lingüísticos. As institucións que dependen da Xunta son as que máis queixas acumularon en 2017.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/02/2018 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Máis da metade das queixas que tramita A Mesa pola Normalización Lingüística sobre problemas de atención ou mal uso da lingua galega teñen que ver coa administración pública, tanto central como local e autonómica. Entre as empresas, Google e Ikea son as que rexistran maior número de denuncias. Estes principais datos que se extraen do balance anual da ferramenta 'A liña do galego', o servizo da Mesa para recibir opinións, tanto negativas como positivas, sobre o respecto aos dereitos lingüísticos no ámbito privado e público.

A Mesa presenta o balance anual da liña do galego
A Mesa presenta o balance anual da liña do galego | Fonte: Europa Press

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, presentou este sábado os resultados referentes ao pasado ano, acompañado por Celia Armas e Elsa Quintas.

A Mesa abriu en 2017 un total de 289 expedientes de queixas, 20 de consultas e 54 felicitacións a través de chamadas telefónicas, correos electrónicos e mensaxes na aplicación móbil de 'A liña do galego'.

Entre as queixas destacan as relativas a "discriminacións e exclusións lingüísticas", cun 38 por cento, seguidas polas que denuncian a deturpación da toponimia (28 por cento) e pola "negación" a ser atendido en lingua galega (14 por cento).

OS ORGANISMOS DA XUNTA, OS MÁIS DENUNCIADOS

Queixas contra administracións e entidades públicas, e empresas privadas por discriminación ou mal uso da lingua galega no ano 2017
Queixas contra administracións e entidades públicas, e empresas privadas por discriminación ou mal uso da lingua galega no ano 2017 | Fonte: Mesa pola Normalización Lingüística

Máis da metade destas denuncias, un 56 por cento, proceden do ámbito da administración pública, sendo as institucións que dependen da Xunta as que máis queixas acumulan cun 47 por cento, polo 31 e o 22 por cento que se reparten a local e a central, respectivamente.

Con todo, os concellos concentran un 27 por cento dos expedientes dirixidos á administración pública, mentres que o Sergas faino nun 20 por cento e a Xunta de Galicia nun 15.

A directora de 'A liña de galego', Celia Armas, puxo o foco en que "quen debe velar polo cumprimento" da lei de normalización lingüística, como é a administración pública, é "a maior incumpridora", aínda que tamén incidiu en que no sector privado "queda moito por avanzar".

EMPRESAS PRIVADAS

En canto ás entidades privadas,  as empresas que reciben o maior número de queixas son, por esta orde, Google, Ikea e Abanca, seguidas de Movistar e o Banco Santander, así como El Corte Inglés. A Mesa tamén salienta a exclusión xeralizada do galego nos seguros denunciados recentemente.

Por outra banda, A Mesa anunciou que creará un indicativo para sinalar os establecementos que reciben boas referencias polo emprego do galego.

"POUCAS NORMAS" AMPARAN O GALEGO

Así as cousas, entre as conclusións que A Mesa extrae sobre este balance anual resalta que a realidade "obriga" ao usuario a "renunciar" ao uso do galego "cando se dirixe á administración ou as empresas que prestan un servizo" que, "en moitas ocasións", mesmo cometen "coaccións evidentes".

Ademais, apuntan que a Administración autonómica, "con funcións e competencias" para garantir os dereitos lingüísticos do galegofalante, "non só abdica da súa responsabilidade senón que é a primeira en incumprir as súas propias normas".

Deste xeito, A Mesa insta á Xunta a tomar exemplo dos gobernos vasco e catalán e sinala que, de existir unha "sensibilidade" desde a administración de Galicia similar á de Euskadi e Cataluña, o respecto á lingua propia na actividade empresarial tamén sería "diferente".

Nesta liña, denuncia que "as escasas disposicións que amparan o galego" se incumpren "día a día", o que contrasta co "cumprimento rigoroso das 500 disposicións que obrigan ao uso do español".

Por iso, A Mesa pola Normalización Lingüística chama á cidadanía a "rachar a normalidade e impunidade da exclusión do galego" a través de denuncias e reclamacións "dentro e fóra" das fronteiras de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Caionetti

O problema da nosa patriótica organizaçao é que aquí non paga cotas ninguén. E logo hai que chamar aos concellos amigos para que afrouxen a carteira. Pero non chega, e claro, de cando en vez hai que dar un aviso a certas empresas para que nos arranxen as contas. O modelo de AUSBANC é o que funciona.

5 Portugaliza

Não respeita o galego é quem faz dele um dialeto do espanhol, falando-o e escrevendo-o à espanhola. Com certeza que há algumas pessoas que vivem dessa argalhada, nomeadamente a «Mesa» do dialeto galego de seu, a Real Academia Gallega de Franco, o Instituto da Lingua do asturiano que não sabia falar galego, os docentes do galeÑol, os prestitutos da radio-telegaita e os literatiÑos do neo-castrapo, mas façam o favor de a não impor à sociedade. Qualquer galego hoje fala e entende o espanhol perfeitamente, não há problema com que nos falem nessa língua. Há problema, sim, com aprender a falar e escrever corretamente o galego, ou seja, português galego. Em vez de pedirem para que vos falem em «galego» (ou seja, em dialeto espanhol compostelano) deveríades aprender a escrever e falar o português, que é a nossa língua livre do espanhismo e ainda uma língua internacional prestigiosa e útil de seu, sem ter de pedir esmola e andar laiando-se ...

4 anonimo

Y yo q os voy a decir.... Q estoy hasta los mismísimos del p gallego de los (00). Es q es insufrible, está en todas partes y sin opcion en español... A tomar por c el p gallego, estoy d él hasta los mismísimos, me tiene harto tanta agresión, tanto menosprecio, tanto intento de asimilarme a una cultura y lengua contra mi voluntad, y claro, protesto.

1 Rue

Y yo estoy hasta los co jo nes del pu to es pa ñol o cas te lla no de los pu to s españoles pan da de hi josde pu ta es lo que so is y de mu ert os de hambre que vienen a co mer a galicia y no res pe tan a los gallegos y su len gua y cultura

3 Manolo do Val

Nos locais da CIG, cada vez se fala máis en castelán , incluso os delegados e as delegadas sindicais

1 Manoliño 007

Manoliño do Val ten postos micrófonos en todos os locais da CIG, 100% fiable.

2 Breogán

Non só incumpren dous artigos da constitución senón tamén o estatuto da autonomia dunha nacionalidade histórica " non a de val de orras. Outros están en estremera ou en Bélxica. Montoro de ministro cunha lei que benificiou aos amigos do Pepe e declarada inconstitucional. Os demáis ladróns da mesma caste camiñando se atrancos pola rúa ou esquiando en baqueira beret. Todo un exemplo de xustiza parcial.