Pallozas, o patrimonio esquecido

O fotoxornalista Miguel Núñez percorre Os Ancares para retratar unha paisaxe ancestral que esmorece.

Por Miguel Núñez | Os Ancares | 06/02/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Parque Natural dos Ancares, desde 2006 Reserva da Biosfera. Un mundo rural e arcaico que persistiu arredor dun simbolo céltico, unha das edificacións rurais mais antigas de Europa: a palloza, o eixo da vida nesta estremecedora e alucinante paisaxe, o orgullo dun pobo de montaña que aínda pervive tendo todo en contra. A emigracion e o illamento.

Palloza no Piornedo, municipio de Cervantes, nos Ancares / Miguel Núñez. Palloza no Piornedo, municipio de Cervantes, nos Ancares / Miguel Núñez.
Palloza no Piornedo, municipio de Cervantes, nos Ancares / Miguel Núñez. Palloza no Piornedo, municipio de Cervantes, nos Ancares / Miguel Núñez.

Hai xa máis de dúas decadas que aquí as pallozas deixaron de estar habitadas polo ser humano, pasando a ser nalgún caso cortello e celeiro ou como no caso do Piornedo ou O Cebreiro, museos etnográficos .

Cóntannos que o último habitante dunha palloza foi Segundo Núñez, na pequena aldea do Mazo. Hoxe está en ruínas.

Entre Suárbol e Piornedo as vacas cruzan a estrada comarcal que as une. Van na procura dos pastos de Balouta, a Piornedo, de Piornedo a Suárbol, sen coñecer se se alimentan en Galicia ou León. Para elas non hai raias.

Nese afán despreocupado de pertenza aseméllanse aos pastores deste enclave de montaña. Todos son dos Ancares, e ben orgullosos están diso, da súa terra e dos seus costumes, dos seus toxos, carballos abidueiros e castiñeiros, dos seus prados... E das pallozas.

Palloza no Piornedo, municipio de Cervantes, nos Ancares
Palloza no Piornedo, municipio de Cervantes, nos Ancares | Fonte: Miguel Núñez.

Sentíronse durante séculos ancareses, sen nación nin fronteira. E semellan non entender demasiado sobre as diferentes administracións. Ao fin e ao cabo, eles conviven á marxe de autonomías e parlamentos.

Tras anos e anos de menosprezo, agora as súas xentes valoran e queren conservar as súas pallozas.

O hórreo con pés de pedra e vigas de castiñeiro forma con a palloza un binomio ancestral, coas súas ripas de de madeira e o seu teitume de centeo.

O teito auténtico de palloza é de palla grosa e mallada de centeo. Teitar ben era unha verdadeira arte. Un oficio, o de teitador, que se vai perdendo por falta de artesáns. Quedan poucos e estan moi solicitados. Non só nos Ancares, tamén no Algarbe portugués para facer pérgolas nos seus hoteis e restaurantes. E mesmo a industria do cinema reclámaos para ambientar poboados en peliculas de época, poboados viquingos, celtas ou medievais. E con soldos de cinema...

Pero quizas o problema máis grave ten que ver coa calidade dos colmos de centeo. O centeo xa ninguén o sementa nestas terras. Tráeno importado de Astorga e, memso nalgun caso, desde Rusia. E claramente é de peor calidade, pois é menos groso e, ademais, o centeo debe perder as súas sementes cando está ben mallado.

Para evitar que llo coman os ratos, un bo teitador sabe como atalo para formar un teitume impermeable e consistente. Ademais, o pouco uso do lume da lareira e o forno de pan non contribúe xa co fume a crear unha pelicula impermeabilizadora. Antes o teito de palla duraba décadas. Porén, hoxe en dia hai que teitar cada poucos anos e parchear como se pode para evitar a súa deterioración aínda máis.

Fotogalería: Pallozas e hórreos dos Ancares / Autor: Miguel Núñez

Un percorrido etnográfico.

Fermín Rodríguez, na aldea da Degrada, mantén aínda aberta a palloza familiar. É o máis mozo de sete irmáns e segue mantendo o legado familiar, ocupando o seu tempo no meson que rexenta, e coida o seu gando no cortello da parte baixa, o cortello da palloza.

Ten curando os produtos de montaña: botelos, chourizos, lacóns, touciño e xamón .E acende o lume do fogar para afumar os embutidos e impermeabilizar o teito.

Fermín laméntase de que a última subvención que recibiu para manter a palloza foi no ano 2002, pero 16 anos despois a súa palloza necesita unha substitución de centeo de calidade no teito.

A xente segue emigrando e cada vez son menos os que poden manter estas edificacións lendarias. Cando resulta imposible facerse cargo delas ou os seus donos viven lonxe, moitos en Barcelona, só queda recorrer ás pranchas metálicas para evitar a súa ruína. Pero perden a súa esencia.

As pallozas, únicas no mundo, murchan a modo pero sen pausa, polo esquecemento.

Pallozas no Piornedo, municipio de Cervantes, nos Ancares
Pallozas no Piornedo, municipio de Cervantes, nos Ancares | Fonte: Miguel Núñez.
Hórreo e palloza no Piornedo, nos Ancares
Hórreo e palloza no Piornedo, nos Ancares | Fonte: Miguel Núñez.
Lareira dunha palloza na aldea da Degrada
Lareira dunha palloza na aldea da Degrada | Fonte: Miguel Núñez.
Fermín Rodríguez, ante a súa palloza na aldea da Degrada, nos Ancares
Fermín Rodríguez, ante a súa palloza na aldea da Degrada, nos Ancares | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Deixémolas morrer

Iso das pallozas dá moi mala imagen, hombre. Había que tirar con elas e facer aí uns chalés endosados modernos pra que veña gente de fuera ó pueblo. [modo alcalde pepeiro on]

1 Hartito

Que desaparezcan es lo que quiere el cobarde de rajoy y el lame culos de feijoo igual que quieren que desaparezca el gallego ese par de cobardes