Cal é a estratexia da Xunta e dos concellos galegos para loitar contra o inminente cambio climático?

Europa comezou xa a loitar contra o cambio climático. E en Galicia, un dos principais obxectivos é que no ano 2020 haxa, cando menos, 100 concellos galegos adheridos ao Pacto, e estean todos os concellos de mais de 20.000 habitantes.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/02/2018 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O 15 de outubro de 2015, a Comisión Europea lanzou o Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía (Covenant of Mayors for Climate & Energy). Un pacto no que fusinaba dous acordos previos; o Pacto dos Alcaldes de 2008 e a Mayors Adpat, en 2014, que implicaba que os alcaldes e concellos asumiran compromisos políticos ante o cambio climático.

Mapa de contaminación por dióxido de nitróxeno en Europa, con datos do satélite Sentinel-5P
Mapa de contaminación por dióxido de nitróxeno en Europa, con datos do satélite Sentinel-5P | Fonte: ESA.

O novo pacto do 2015 pretende reunir aos alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas: mellorar a eficiencia enerxética no ámbito urbano, conseguir unha redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático. Para alcanzar estes obxectivos, os municipios adheridos ao acordo comprométense a redactar un Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES), nun prazo máximo de dous anos dende a data de adhesión. Isto inclúe un inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático.

E, conscientes da importancia deste acordo e da inminencia do cambio climático, a Xunta e os concellos galegos queren tamén formar parte desta nova política europea. Por iso, o Goberno galego destinará máis dun millón de euros para que un grupo de expertos e técnicos coordine e xestione a iniciativa Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía e para a implantación da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 en Galicia.

Este equipo terá como obxectivo conseguir que todos os concellos de Galicia se adhiran ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía de xeito que no ano 2020 haxa, cando menos, 100 concellos galegos adheridos ao Pacto, e estean todos os concellos de mais de 20.000 habitantes. Ademais, deberán informar e asesorar aos concellos sobre a iniciativa do Pacto e promover a súa adhesión e o cumprimento dos compromisos establecidos e presentar un informe de seguimento do PACES.

CAL É O COMPROMISO DOS CONCELLOS

De feito, este Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía require o compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40% a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando á súa vez na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sostible e alcanzable.

Mapa feito na Universidade de Hawai no que se representan as zonas con maior risco de sufrir máis ondas de calor mortais en 2100 se non se reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro; as zonas vermellas serían as máis afectadas.
Mapa feito na Universidade de Hawai no que se representan as zonas con maior risco de sufrir máis ondas de calor mortais en 2100 se non se reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro; as zonas vermellas serían as máis afectadas.

Dentro desta nova estratexia, sectores como os municipais, residenciais e terciarios e o transporte considéranse sectores chave para a mitigación. Por iso, e segundo os obxectivos europeos, as autoridades locais deberán concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.

Neste sentido, a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 terá que establecer as grandes liñas de acción na loita contra o cambio climático desde unha perspectiva rexional, centrada en Galicia e que permitirá tamén contribuír aos obxectivos establecidos a nivel global nesta materia.

"Será o instrumento planificador de Galicia nesta materia e o seu contido establecerá as grandes liñas de acción a seguir pola Xunta de Galicia na loita contra o cambio climático de cara a un horizonte temporal 2050", indican desde a Xunta.

OBXECTIVOS DESDE GALICIA

A Estratexia terá como obxectivo reducir ou mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro e adaptar os espazos rexionais e locais aos impactos do cambio climático, así como sensibilizar, formar e educar á poboación.

Ademais, a Xunta quere implicar aos concellos de Galicia nesta loita conxunta contra o cambio climático e quere que en dous anos haxa 100 concellos galegos adheridos ao Pacto e estean todos os concellos de mais de 20.000 habitantes.

O equipo que pretende contratar a Xuna estará formado por catro persoas. Un Director do proxecto, titulado superior con polo menos 3 anos de experiencia na dirección e xestión de proxectos relacionados co cambio climático, a enerxía e o medio ambiente, ou na xestión de fondos e proxectos europeos vinculados ao Medio Ambiente e ao Cambio Climático. Con el estarán tres persoas máis; un titulado superior en enxeñeira nas especialidades de minas, enerxía, química, mecánica,ambiental ou equivalente) que deberán contar polo menos 2 anos de experiencia na realización de traballos ou proxectos en materia de enerxía, sustentabilidade ambiental ou cambio climático e dous titulados superiores con polo menos 2 anos de experiencia na realización de traballos ou proxectos en materia de enerxía, sustentabilidade ambiental ou cambio climático.

TAREFAS

Ademais dun seguimento do Pacto, este equipo terá que coordinar e asesorar aos concellos que se adhiran a el, para que cumpran os seus compromisos, dar soporte na busca de medios financeiros para levar a cabo os compromisos adquiridos e elaborar os informes periódicos, solicitados pola Oficina do Pacto dos Alcaldes.

Ademais crearase unha web do Pacto en Galicia, facilitarán a creación de redes entre as partes interesadas, prestarán apoio na realización periódica de eventos e organizar xornadas técnicas para os concellos, ao menos unha cada catro meses e axudar aos entes locais na preparación dun inventario de emisións de referencia e na preparación dunha análise de risco e vulnerabilidade ao cambio climático.

Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa
Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 DavidCorbeta

Todos podemos poner nuestro grano de arena, desde creando comités en la comunidad para empezar a abrir consciencias acerca de los daños que hemos y seguimos haciendo al ecosistema. Hace años el tema de la contaminación se tomaba muy poco serio, afortunadamente va mas gente sumándose a esta causa. Desde las empresas se puede comenzar a reciclar nuestros desechos por ejemplo el [url= https://benzarecycling.com/prensas-...]prensando cartón[/url] es una opción, la clasificación de la basura, el ahorro del uso de la energía, eso como algunas de las medidas que se pueden tomar para comenzar

3 Josefina

Al final con tanto cambio climático una va a tener que ir pensando en adquirir un aparato antihumedad que sea capaz de todo para cuando haga calor o frío, responda de todas las maneras. Al final aquí se echan las culpas unos a otros y la solución nunca llega.

2 Cipollina en Tabarrarnia

Tranquilos seguro que tenen un kit de emerxencias para recomendarnos cunha balsa e un mini ventilador solar.

1 parrulo

Para min, isto do cambio climático é un timo, levamos dende os anos setenta que se vai acabar o mundo no ano 2000 e aquí non pasou nada. convidovos a buscar en google "predicciones greenpeace" e xa veredes que non acertaron en nada. A climatoloxía é unha das ciencias máis complexas con milleiras de variables que non entendemos todavía. lexislar en base ao CO2 simplemente non leva a ningures.

1 Castelao

Podemos crer em deus, ou e raticulín, isso aló cada quem, mas o axeitado é que fale a ciência, e a meirande parte dos estudos de científicos bem preparados, indicam uma tendência que contradí a súa crenza.

2 Cipollina en Tabarrarnia

Encantame as discusions galaicas de cuñaos.

3 parrulo

grazas Castelao pola túa condescendencia. Apoiome en que hai cientificos escépticos que non creen que haxa un quentamento debido a acción humana. O IPCC recoñece que non ten datos dabondo para aseguraren dita teoría

4 anonimo9026

Castelao, quizás no haya reparado en un 'detalle' metodológico, a saber: el método científico excluye mecanismos como la existencia de presuntos consensos o mayorías. Ergo, el que una teoría cuente con un apoyo mayoritario no la hace verdadera.