Espectaculares imaxes de satélite das cidades galegas

Sete imaxes das urbes galegas tomadas do proxecto Sentinel 2 Cloudless, totalmente limpas de nubes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/02/2018 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Imaxes de satélite das cidades galegas como nunca antes se viran, cunha claridade extraordinaria grazas á plataforma Sentinel 2 Cloudless, na cal é posible obter un mosaico de imaxes de calquera parte do mundo totalmente limpas de nubes e de calquera impacto atmosférico, tomadas polo satétile Sentinel-2 da Axencia Espacial Europea (ESA).

Imaxe de satélite de Santiago de Compostela
Imaxe de satélite de Santiago de Compostela | Fonte: Sentinel-2 Cloudless.

A compañía EOX IT Services GmbH lanzou recentemente un mapa interactivo do mundo usando imaxes satelitais da Terra capturadas entre maio de 2016 e abril de 2017. O mosaico combina máis de 80 billóns de píxels de imaxes (ao redor de 250 terabytes de imaxes).

O visor, no que se pode visualizar o mosaico da Terra, libre de nubes e na súa totalidade grazas ao procesado por defecto das súas imaxes para acceder a calquera recuncho da Terra sen perder de vista nada por mor das nubes, foi elaborado con ferramentas de código aberto por EOX co apoio da ESA.

Imaxe de satélite de Vigo
Imaxe de satélite de Vigo | Fonte: Sentinel-2 Cloudless.
Imaxe de satélite da Coruña
Imaxe de satélite da Coruña | Fonte: Sentinel-2 Cloudless.
Imaxe de satélite de Ourense
Imaxe de satélite de Ourense | Fonte: Sentinel-2 Cloudless.
Imaxe de satélite de Pontevedra
Imaxe de satélite de Pontevedra | Fonte: Sentinel-2 Cloudless.
Imaxe de satélite de Lugo
Imaxe de satélite de Lugo | Fonte: Sentinel-2 Cloudless.
Imaxe de satélite de Ferrol
Imaxe de satélite de Ferrol | Fonte: Sentinel-2 Cloudless.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dino Secta

Antes de que empecen as guerras localeiras, xa vos digo eu que nas fotos vexo sete aldeas. Nin grandes urbes nin farrapos de gaitas. Sete preciosas aldeas galegas.