Empresas holandesas veñen a Galicia na procura de fontaneiros, como nos anos 60

O auxe da construción neste país fixo que en marzo de 2107 foran contratados 12 profesionais e nesta ocasión, oito. A xornada laboral é de 7 a 15 horas, e deberán traballar en grupos de dous.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 14/02/2018 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Holanda quere fontaneiros galegos. Unha oferta laboral que se canalizou a través da Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo. É a segunda vez que un representante dunha empresa holandesa ven a Galicia para seleccionar traballadores especializados na construción. Desta volta, foron oito fontaneiros os afortunados, dos 15 profesionais chegados desde toda Galicia e tamén de Asturias que se deron cita no Fórum Carballo para participar no proceso de selección.

Un fontaneiro traballando
Un fontaneiro traballando | Fonte: actulidadempleo.com

O auxe da construción que está a vivir Holanda e a escaseza de man de obra cualificada, sobre todo en instalación de calefacción, son os principais factores que fan que as empresas holandesas, como acontecía nos anos 60, requiran profesionais galegos. Agora buscan fontaneiros de primeira e de segunda, que deben xustificar tres anos de experiencia como mínimo e que, preferentemente, aínda que non é imprescindible, deben saber manexarse en inglés. 

Inicialmente, os contratos son de catro meses de duración. A empresa corre con todos os gastos, tanto de desprazamento, coma de aloxamento. Antes de empezar a traballar os profesionais deben realizar un curso de prevención de riscos específico (non están homologados os que se imparten en España) e asígnaselles un número de identificación fiscal para que poidan asinar o contrato. A xornada laboral é de 7 a 15 horas, e os fontaneiros traballan en grupos de dous.

A convocatoria realizada no pasado mes de marzo tivo moito eco. Dos 20 candidatos entrevistados foron contratados 12, que a día de hoxe seguen a traballar en Holanda. Nesta ocasión presentáronse 15 profesionais interesados, e pecháronse outras 8 contratacións. Este ano a empresa prevé que precisará cubrir un total de 75 prazas, polo que é máis que probable que se abran novos procesos de selección.

Nova do medio colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta