Feijóo aos funcionarios de Xustiza: “Non representan á maioría dos traballadores”

Di que non vai modificar a proposta salarial porque supón unha “gran mellora” e acusa aos sindicatos de “intransixentes”. Amósase contrario á presenza de mediadores e descarta, polo momento, a presenza de Rueda ou outros conselleiros nas negociacións.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/02/2018 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

A táctica da Xunta na folga da Xustiza comeza a estar clara e é a mesma que xa mantivo noutros conflitos semellantes, como a folga do transporte. Agarda que sexa a presión social –coa axuda dalgúns medios de comunicación-- a que obrigue a ceder ao conxunto dos traballadores da Xustiza que reclaman un incremento salarial que os equipare co conxunto dos traballadores do resto do estado.

Folga da xustiza en Galicia
Folga da xustiza en Galicia

 

Non representan á maioría dos traballadores”, dixo este xoves o presidente da Xunta en alusión aos negociadores e funcionarios da Xustiza apuntando xa directamente un dos argumentos que comeza a circular: que os funcionarios deste sector son uns “privilexiados” con respecto a outros funcionarios e ao común dos traballadores. Por iso, durante estes días, empregados do sector da xustiza xa denunciaban a “manipulación” de información que pretende facer a Xunta e que están “comprando” determinados medios de comunicación.

 

“A proposta da Xunta é moi razoable”, insistiu Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao incidir en que cobrar 1.000 euros máis ao ano é “moi sensato” e sitúa a estes funcionarios “por riba da media dos traballadores do resto das autonomías”. Uns argumentos que desbotan os sindicatos que acusan a Xunta de “mentir”, xa que o incremento do resto das autonomías é maior, e porque só circunscribe ás negociacións a unha cuestión económica, cando enriba da mesa, din, están outros puntos como a conciliación laboral, a falla de medios para desenvolver o seu traballo ou a gran carga de traballo que soportan sen que haxa máis persoal.

O titular do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijóo
O titular do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: EP

 

“Non creo que o resto dos traballadores públicos ou a xente que está no paro considere que cobrar 1.000 euros máis ao ano sexa ridículo”, repetiu o presidente galego para tentar vender que o problema da folga da Xustiza é unha cuestión só salarial. “Está claro que non representan o sentir maioritario dos traballadores”, indicou, “porque este acordo que propomos o asinaría a maioría dos traballadores publicos”.

 

NEGOCIACIÓNS

 

Asemade, e preguntado polas negociacións, que o Goberno galego quere que leven cargos menores, Feijóo dixo que “seguen abertos” pero que non van cambiar a súa proposta. De feito, os sindicatos piden poder negociar directamente con Feijóo e, senón, con conselleiros como Rueda ou Valeriano Martínez, pero o presidente galego, deu  a entender que, polo momento, no acepta esta posibilidade nunha nova estratexia por tentar ningunear aos representantes sindicais.

 

Por iso, tamén descartou a presenza de mediadores externos proque, insisitu, ao tratarse dun problema salarial e laboral con traballadores públicos ten que solucionarse na Xunta. “Non se pode negociar con intermedirios. Temos que negociar directamente cos sindicatos porque non sería xusto meter a persoas alleas nesta cuestión”, limitouse a responder.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Paspán

E ti non representas á maioría do pobo galego.

5 anonimo

Moito comenta Rueda aquí, non terá outra cousa que facer?

4 Non Feijoo non

Equivócase Feijoo: para representalos tiñan que ser traballadores e estes son de todo menos traballadores, polo que só representan a ese sector de parásitos aos que os demais lles temos que pagar o soldo por riba de aturar as súas impertinenecias.

1 anonimo

ti si que es un parásito impertinente

2 Fumedecarozo

Anónimo. Xa se ve o apoio que suscitan... Cala jarrapata

3 Uxía García

Aínda que no fondo estou de acordo coa intención de Núñez Feijóo, creo que se trabuca. A maioría dos traballadores de Xustiza son similares aos das deputacións e concellos: expertos no escaqueo, vagos e demasiado ben pagos. Hai unha minoría que traballa, pero non é a que se manifesta nin fai folga. Pero, insisto, os decentes son unha minoría. Se os que traballán foran unha maioría non habería tanto corrupto solto.

2 Lois Breixo Gonçalves

Moi sinxelo: funcionarios aos que lles ofrecen máis pasta e que aínda queren máis pasta. Agora entendo que nas súas manifestacións estean eles sos e a xente os ignore.

1 Breixiño

Si, home, si, se todo fose pasta... Mira, teñen unha táboa de reinvindicacións, se ti e mais a Xunta de Feijóo quedas no tema salarial é porque ou non tes nin idea ou queredes venderlle á sociedade que son uns egoístas que queren gañar máis. E como son uns funcionarios, lacazáns coma todos, a vitoria mediática da Xunta está cantada. Daquela, infórmate un chisco máis (tamén do salario perdido nestes anos en todas as escalas da funcionarios) e logo fala. En canto ao apoio á folga? Considero que un seguimento do máis do 90% é moi alto.