Temas: CCOO A CORUñA

Que pasa co mantemento das fontes ornamentais da Coruña?

CCOO require que se revisen as condicións nas que se desenvolvía o servicio por parte da UTE conformada polas empresas Anxel Roade e Manuel Rivas Boquete.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/02/2018 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O Sindicato Comarcal de Comisións Obreiras de Industria da Coruña denuncia o reiterado incumprimento por parte da UTE conformada polas empresas Anxel Roade e Manuel Rivas Boquete, adxudicataria do servizo de mantemento de fontes ornamentais do Concello de A Coruña.

A condicións nas que se adxudicou o servizo obrigaban á UTE a realizar os traballos con sete  contratos a tempo completo mais un contrato a media xornada, este ultimo correspondía o dun técnico. Pero desde a adxudicación, esta UTE veu realizando este servizo de mantemento con únicamente cinco persoas, que non foron substituídas, segundo CCOO, "nin en vacacións, nin en situación de incapacidade temporal".

Por iso, solicitou ao concello a revisión e evaluación destes feitos antes da nova adxudicación do servizo, esta vez en exclusiva á empresa Anxel Roade. "Dende este Sindicato non entendemos como esta empresa que forma parte da UTE que desenvolve actualmente o servizo, poida obter 100 puntos cando se viña incumprindo pola súa banda o numero de traballadores das condicións establecidas polas que se adxudicou o concurso público, situación que vimos advertindo ao Concello dende o 2015", denuncia.

Ademais, di "sentirse estafado" por aquelas empresas que optan publicamente aos concursos ou licitacións pagados con fondos públicos e de todos e que "logo non cumpre os requisitos e obrigas dos pregos de condicións".

Fonte de Catro Camiños, na Coruña
Fonte de Catro Camiños, na Coruña | Fonte: fontimat

Temas: CCOO A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta