A “polémica reforestación” de Galicia con eucaliptos chega á televisión pública francesa

FranceTV destaca a multiplicación das platacións de eucaliptos desde o 2000 para “satisfacer ás industrias papeleiras”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/03/2018 | Actualizada ás 09:17

Comparte esta noticia

A reforestación de Galicia con eucaliptos foi motivo dunha reportaxe en FranceTV, a televisión pública frances que se emitiu en horario de máxima audiencia. Baixo o título de “Polémica pola reforestación intensiva”, esta canle fai un percorrido polas zonas queimadas o pasado outubro para destapar as grandes diferencias que existe entre a versión oficial da Xunta, aportada por Ana Díaz, directora xeral de Patrimonio Natural, da consellería que dirixe Beatriz Mato, e ecoloxistas e agricultores afectados. 

Bosque de eucaliptos
Bosque de eucaliptos

Así, a reportaxe destaca que a Xunta deu un millón de euros a donos privados para plantar árbores, a maior parte delas, eucaliptos, e relaciona esta situación coa industria papeleira. “Para proporcionar material a esta industria está unha árbore polémica, o eucalipto”, indica ao lembrar que “substituíu” a unha boa parte das especies locais.

FranceTv entrevista a ecoloxistas, agriculotres e presidentes de entidades forestais que critican as subvencións españolas e europeas por hectárea replantada; 2.400 euros. Unha situación que fomenta o abandono das leiras. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Genaro

Sen dúbida, información moi importante que só podemos atopar en http://www.todonoticias.ga/

1 Ttttt

Europa ten que saber que o eucalipto non é rentable para Galicia, gástase máis en manter un servicio contra incendios que o que da a venta de eucaliptos. Un imposto a plantación destas árbores é lóxico, e faría que a xente plantase bidueiros, álamos e outras arbores de crecemento rápidido non pirofitas.

1 Pepe da toxeira

Sisi o monte en ourense e rentable e non se jasta nin un euro en extinción

2 Varela

Si o eucalipto arde ou non arde mais que outros cultivos é algo que non está demostrado, e pola miña experiencia todo o que non sexa eucalipto ou pino non o queren nin regalado, diga o que diga a xente (repítoche que falo por experiencia).

3 Gustavo

Non está demostrado, qué va. O eucalipto non é só que arda como a gasolina, é que son verdadeiras catapultas do lume a centos de metros. Pero nada, se queren eucalipto (unha única industria contaminante) démosllo. E se queren escravos ou que as nosas fillas se adiquen á prostitución, poño por caso, démosllas. Éche o que hai, non?