Rueda: "Non é moi entendible por que a proposta da Xunta non se somete aos traballadores da xustiza"

Reafírmase en que a negociación non se converterá "nunha poxa" e en que "a non todos os sindicatos lles interesa" un acordo

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2018 | Actualizada ás 20:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou a actitude dos sindicatos de xustiza e, despois de lembrar que o Executivo negocia con recursos públicos, reafirmouse en que non consentirá que a negociación se converta "nunha poxa". Ao tempo, deu a entender que a proposta que tería que ser "sometida" á opinión dos traballadores é a que expón a Xunta.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, na roda após o Consello
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, na roda após o Consello | Fonte: Europa Press

En concreto, o Executivo autonómico mantivo este luns, xornada na que volveron romper as negociacións para tentar desatascar a folga indefinida na xustiza, a oferta que se traduce nunha subida de 135 euros ao mes para forenses, 133 para xestores, 108 para tramitadores e 105 para corpos de auxilio.

Pola súa banda, os sindicatos rebaixaron en 10 euros a súa proposta e pasan a reclamar de 190 a 180 euros máis ao mes. Piden ademais que a subida se faga efectiva en dúas anualidades, percibindo o primeiro ano o 70 por cento en 2018 (126 euros) e o 30 por cento (54 euros) ao ano seguinte. Ademais, os sindicatos piden unha cláusula de revisión anual con índice corrector e un plan de actuación para a recuperación do traballo perdido.

"Así é imposible chegar a un acordo", resumiu o vicepresidente, preguntado polo estancamento do conflito nun acto en Ferrol, antes de reprobar algunhas das novas esixencias dos sindicatos ou que pretendan, manifestou en alusión ao plan de actuación, que "se lles devolva o diñeiro que se ha ir detrayendo como consecuencia da convocatoria de folga".

Así, rexeitou esta proposta e a cláusula de revisión anual con índice corrector, coa convicción de que "a cidadanía non o entendería".

"Porque, tal e como advertimos, esta medida ten consecuencias", sentenciou, á vez que criticou a actitude dos sindicatos. "Tal e como dixemos desde un principio, nós negociamos co diñeiro da Xunta e de todos os galegos, non o facemos co de ningún representante político", argumentou.

"A PROPOSTA DA XUNTA É A QUE É"

"E isto non pode converterse nunha poxa na que uno baixa un pouco e o outro ten que subir, xa que a proposta da Xunta é a que é, está posta encima da mesa e por tanto, se o que esperan os representantes sindicais é en ir a unha tira e afrouxa, coma se fose unha poxa doutro tipo, iso non o podemos facer", engadiu o vicepresidente.

Dito isto, subliñou que o Goberno autonómico traballa para "asegurar que os servizos fundamentais da xustiza téñense que prestar aos cidadáns, que son os grandes damnificados desta folga, con independencia do tempo que dure a folga".

"NON A TODOS LLES INTERESA UN ACORDO"

Por último, fixo un chamamento á "responsabilidade" dos sindicatos, a quen lembrou que "xa foron contestados polos propios traballadores cando foron consultados, dicíndolles que a postura que estaban a manter non é a correcta".

"E non é moi entendible por que a proposta da Xunta non é a que se somete aos traballadores", aseverou, antes de volver dar por feito que, a dificultade para desatascar a situación, pode deberse a que "a non todos os sindicatos lles interesa chegar a un acordo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta