Temas: SEMANA SANTA

Aumentan as cancelacións de reservas en Semana Santa en Galicia

Nava Castro lamenta a "baixada" de turistas en comparación con 2017 pero asegura que "os datos non son tan malos como se podería esperar"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2018 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Semana Santa galega de 2018 está marcada polas constantes choivas e mesmo unha alerta laranxa no litoral. Por iso, segundo cifrou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, as cancelacións de reservas aumentaron entre un 10 e un 15 por cento con respecto ao ano pasado.

Hotel Rua Villar, Santiago.
Hotel Rua Villar, Santiago. | Fonte: Europa Press

Nava Castro lamentou que o sector rexistrase unha "baixada" en comparación coa Semana Santa de 2017. Non obstante, asegurou que os turistas "continúan vindo".  Castro quixo puntualizar que "tendo en conta as expectativas, a pesar do tempo, que non acompañaba, os datos non son tan malos como se podería esperar".

"Os que xa tiñan pensado vir non fixeron tantas cancelacións", afirmou a directora de Turismo. Con todo, si que informou dunha caída dos desprazamentos dos propios galegos dentro da comunidade, que "se notou" preferiron non saír.

Nava Castro di desde a súa perspectiva como responsable de Turismo, Galicia dispón de "moitas atraccións" que permiten visitar a comunidade "fóra de tempada", como a Festa do Requeixo e do Mel, á que asistiu este Venres Santo, e outras celebracións gastronómicas. "A Galicia pódese vir en calquera momento", expresou.

CANCELACIÓN DE PROCESIÓNS

En canto ás celebracións relixiosas propias da Semana Santa, Castro lamentou a cancelación de procesións como a da Santa Cea do xoves santo en Viveiro, ou a da mañá deste venres, a do Santo Encontro en Ferrol. "Se chove moderadamente si que se pode saír, pero así... non", sentenciou.

Ademais, a directora de Turismo de Galicia valorou o potencial de Galicia como "destino atractivo". "A pesar deste tempo dos primeiros meses, o turismo internacional está a incrementarse", asegurou para logo cifrar nun 3,9 por cento este crecemento con respecto aos inicios de 2017. "Somos un destino atractivo, que ofrece unha experiencia distinta, máis tranquila", subliñou. E é que, nas súas palabras, o seu departamento "incide na calidade máis que na cantidade".

Temas: SEMANA SANTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta