Ser galego pode ser un problema para seguir en GH

As redes sociais ferven coas declaracións sobre o galego da coruñesa Marta López. Xa hai quen propón que marche do país. Anxo Lorenzo critica os tópicos da concursante.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/02/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Poucas sabían das andainas dunha tal Marta López polas pantallas televisivas. Nada que ver con Israel, o primeiro galego de Gran Hermano e que, anos despois, foi fichado por Xosé Manuel Piñeiro na TVG como reporteiro de rúa. Tamén pasaron por Gran Hermano un galego-senegalés, Andalla, que foi expulsado pola audiencia, como dixo el mesmo, "por ser extranjero" ou Paula, famosa polo seu carácter e por posar medio espida en Interviu. Houbo máis, pero xa sen tanta sona...ata que chegou Marta López, que curiosamente, comparte escenario con outro vigués, Yago Hermida, ex da tamén televisiva Yolanda Berrocal.

Marta entrou na casa de Gran Hermano para amosar a "imperiosa necesidad de demostrarle al mundo que no todas las mujeres somos iguales". A rapaza, de 25 anos, dependenta, presentouse con moito aquel no programa. "Hago lo que quiero y perreo con quien quiero, como quiero y cuando quiero" e que lle gustaba botar "un poco de picante a la vida". Un picante que saltou en forma de galego.

None



"Fóra de Galicia"


E é que as súas declaracións no programa asegurando que "le da el bajón" cando un mozo lle fala en galego fixeron que non sexa unha muller "igual" en Galicia.

No Facebook xa hai un grupo que pide que marche "fóra de Galicia" por "petarda". A páxina abriuse este luns e un día despois xa ten case 1.400 persoas. Galegos e non galegos de todas partes do mundo critican, en galego e en español, as súas palabras e piden que, aínda que sexa paisana, hai que botala fora do programa. Por iso, xa hai quen propón que se fagan chamadas masivas a Gran Hermano para botala da casa.

Tamén no twitter son moitos os comentarios sobre Marta López, que se converteu non dos temas preferidos polos usuarios das redes sociais nos últimos días.

"Reproduce tópicos"

A polémica é tal que ata o propio secretario xeral de Política Lingüística deu a súa opinión. En declaracións a periodistadigital Galicia, Anxo Lorenzo sinala que "reproduce tópicos presentes na sociedade galega, especialmente nunha parte da mocidade urbana da Coruña e Vigo".

"Esta impresión negativa sobre o galego ven de moi atrás, no é dos últimos anos. Desde o século XVIII asociase o galego ao rural e as clases menos acomodadas", aclara. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

28 Manolo

Que si, que si, que sois muy ecuánimes. Que te caiga alguien mal por falar galego es un crimen. Que te caiga mal por ir a misa, ser de Coruña, del PP o del Real Madrid es comprensible. La culpa es de Aznar. La discriminación por religión o política, o por hablar español vale y es comprensible. Pero discriminar por falar galego es un crimen de lesa humanidad que debería llevar a la exclusión social inmediata, la deportación y a la confiscación de todos los bienes. A Siberia con ellos. Como echamos de menos a Stalin.

1 mítico

Manolo, está a perder faculdades... non sexa tan torpe trolleando, non baixe tanto o nivel...

2 suevia

Das noxo... non sei se es un dos típicos fachas españolistas, se só che gusta montar follón ou se simplemente es tonto... é mellor aplaudir a atitude desta tipa, non si?menos mal que a maioría dos castelansfalantes non son coma vós...

27 Paco

Estou con Navegante, O vídeo cando vin pensei, que extraordinario material para apoio nunha clase de sociolingüística. O problema non é a rapaza, o problema é que esa conciencia é a dunha parte importantísima dos nosos mozos e das nosas mozas. Con xenreira e coa machada ergueita non imos cambear nada. Hai que cambear o resistencialismo por unha vontade de construir proactiva. Hai que coñecer a sociedade na que vivimos, comprendela e loitar por cambeala, pero con moita pedagoxía e con menos testosterona.

26 Manu

Está ben que saísen á luz as declaracións desta individua. Para todos eses que dicían que o galego non necesita medidas de discriminación positiva.

25 Marzinha

Por favor presentame ao primo da túa amiga. É xusto o que busco!!!! Por certo, largade a esta escoria do programa. O certo é que Mercedes Milá, gran profesional, entendo que este tipo de shows dan moita pasta ás televisións, pero son lamentables e xeneran unha profunda ferida na sociedade e sobre todo no seu máis prezado tesouro As/os xóvenes". Unha aperta! Mar Non Exaltada, si nacionalista e tamén galegofalante!!!

24 Nambuangongo

Esta é uma pobre vítima da imposição do galego...