Investigan un veciño de Montederramos por malos tratos e abandono de animais

A Guardia Civil realiza esta investigación após morrer 12 reses na súa explotación de vacún no último ano.

Por E.P. | OURENSE | 05/04/2018 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

Segundo informou o Instituto Armado, axentes do Seprona da Guardia Civil da Pobra de Trives procederon o pasado 1 de abril en Montederramo a tomar declaración en calidade de investigado a un veciño deste concello. Considérano presunto autor dun delito de malos tratos e abandono de animais.

Seprona e gardas da Xunta
Seprona e gardas da Xunta | Fonte: Axena

Tras unha inspección  ás instalacións, os axentes constataron na explotación de gando vacún, da que é titular o investigado, "graves deficiencias hixiénico-sanitarias". Ademais, comprobaron que os animais estaban "con esterco até os xeonllos", así como o "mal estado das carnes" das reses por "extrema delgadez" ao "non recibir alimentación adecuada". As mesmas fontes, que apuntaron que se produciron 12 mortes na explotación desde principios de ano.

Así mesmo a Garda Civil constatou que un can tiña unha ferida "aberta e infectada" nunha pata traseira esquerda producida polo atropelo dun vehículo, "sen que por parte de propietario dispensouse o mínimo tratamento da mesma nin a dar aviso a veterinario", apuntan as mesmas fontes. Por iso, instruíronse dilixencias polos axentes do Seprona, que foron entregadas no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Pobra de Trives (Ourense).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta