Idas e voltas

Deberiamos estar acostumados, pero hai rutinas ante as que un nin pode nin dede sucumbir.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 16/02/2011

Comparte esta noticia

En calquera caso hai que recoñecer que, a estas alturas, a ninguén extraña que de un día para outro ou mesmo ó longo da mesma xornada, Zapatero e os seus ministros vaian improvisando medidas segundo a reacción que causen as súas ocurrencias. A esas medidas seguen contramedidas e a éstas, aclaracións que invalidan os rectificados previos. Entre tal maraña de idas e voltas é difícil saber cunha mínima certeza, qué quere facer, e qué está a facer en realidade, o goberno deste país.

Primeiro avogaron pola fusión das caixas e esixíronlles un plan de saneamento en función das directrices marcadas polo Banco de España. Despois, acometidos os procesos de fusión, cambian as regras do xogo e, sen pudor, apostan pola bancanización desas caixas recén reestructuradas. E establecen, como condición ineludible, que dispoñan dun capital básico do oito por cento; días máis tarde, increméntano ata o 10 por cento. Eso sí, mantendo para os bancos un trato diferencial.

E non contentos con eso, obrigan a que ese novo proceso esté rematado dentro de oito meses, pese a que o acordo internacional de Basilea 3 fixa ese requerimento no horizonte de 2013, establecendo ademais no oito por cento o capital básico. Decataríase Zapatero e o seu equipo de que as súas decisións van causar un conflicto coas directrices marcadas pola Unión Europea a este respecto?

Dou por feito que si o saben, pero que non lles importa.

O seu proceder nos últimos meses, incluso nos últimos anos, atestiguan que cando as circunstancias os obrigan a dar solución a un problema que a súa inacción magnificou, crean dous ou tres colaterales.

Fíxense no caso de Cataluña. Hai un mes, Zapatero acusaba ás comunidades autónomas de disparar o déficit e incluso ameazaba cunha intervención de non correxirse esa situación. Agora descubriuse que todo aquilo só era una cortina de fume para tapar os seus propios erros. Permitirlle a Cataluña emitir débeda para que poida refinanciarse, pese a incumplir os seus deberes no que atinxe á contención do déficit, perxudica ás autonomías, como é o caso de Galicia, que si cumpriron. Agora, como é imposible conter a lóxica (e fundada) protesta do resto das comunidades, Zapatero opta pola máxima (tan consustancial ós socialistas) de onde dixen digo, digo diego.

Chamo a atención tamén sobre a pretensión (igualmente unilateral) do goberno do Estado de incumplir o acordo de financiación autonómica e de retrasar ata o 2013 o pago dos 806 millóns de euros que lle corresponden a Galicia. Como Zapatero está acostumado a que non lle saian as contas, pretende, coas súas artimañas, que ós demais tampouco lle saian, a ver si dese xeito logra minimizar a súa incompetencia. Acaso non sabe que a Xunta inclúe nos seus ozamentos as transferencias que agarda recibir do Estado?

E que lles vou dicir sobre a intención de recurrir ante o Constitucional o catálogo de fármacos, que lle supón a Galicia un aforro diario de 300.000 euros, pese a que o propio goberno central está a traballar na aplicación dunha medida semellante.

En definitiva, analizar racionalmente as actuacións do goberno de Zapatero é unha misión imposible.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA