Localizan un corpo na zona de busca da moza arrastrada polo mar na Coruña

Procedeuse a realizar as tarefas de identificación do cadáver localizado na zona do Orzán, onde se buscaba a unha moza ourensá arrastrada polo mar hai dez días.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/04/2018 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias localizaron este luns un corpo na zona de busca da moza arrastrada polo mar hai dez días na Coruña, segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo.

Dispositivo por moza desaparecida na praia do Orzán na Coruña
Dispositivo por moza desaparecida na praia do Orzán na Coruña | Fonte: Europa Press

En concreto, foi unha embarcación dos bombeiros mobilizada na zona da Enseada do Orzán, xunto a unha moto de auga, a que localizou o corpo na contorna da praia de Riazor.

Fontes municipais indicaron que se procedeu a realizar as tarefas de identificación do cadáver localizado na mañá deste luns na zona do Orzán, onde se buscaba á moza ourensá arrastrada polo mar.

O operativo de busca da moza de Ourense desaparecida activouse o pasado 30 de abril cando unha onda a arrastrou de madrugada na praia de Riazor, nas proximidades da Coraza do Orzán.

Ondas xigantes nun temporal
Ondas xigantes nun temporal | Fonte: eltiempo.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta