Temas: EDUCACIóN

12.000 profesores piden volver á xornada laboral das 18 horas lectivas en Secundaria e FP

Tamén reclaman recuperar as 25 horas en Primaria e Infantil e non impartir materias das que non son especialistas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/04/2018 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

No profesorado galego tamén hai descontento coas súas condicións de traballo ou, cando menos, así se puxo de manifesto nunha campaña que se alongou durante dez semanas e que puxo en marcha a CIG. Ao final recolléronse preto de 12.000 sinaturas de apoio a un decálogo de medidas urxentes para reverter esta situación. 

Neno nunha aula
Neno nunha aula

Precisamente entre as medidas que se citan como máis urxentes nesta campaña está a volta á xornada laboral das 18 horas lectivas en Secundaria e FP e das 25 en Primaria e Infantil; a redución das rateos de alumnado por aula en todas as etapas educativas ou unha regulación seria das materias afíns para evitar que o persoal docente se vexa obrigado a impartir materias das que non é especialista.

Tamén se reclama a limitación a 2 anos do tempo que se está en expectativa de destino tras obter praza nun procedemento selectivo, a necesidade de negociar un acordo de estabilidade que, combinado con ofertas amplas de emprego, non poña en risco os postos de traballo do persoal interino e garanta un incremento dos cadros de persoal, así como un reforzo de todo o que ten que ver coa atención á diversidade, para conseguirmos unha sociedade máis inclusiva e integradora empezando polo propio sistema educativo.

As sinaturas, xunto cunha carta na que se lle solicita unha reunión, foron entregadas o mércores en San Caetano dirixidas ao conselleiro de Cultura e Educación para que “non siga facendo oídos xordos despois do clamor expresado polo colectivo docente”, tal e como indicou o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta