Comparecencia do alcalde

O punto da orde do día no que Lores me dedicou 20 minutos de insultos correspondía a unha comparecencia solicitada por el mesmo para, supostamente, explicar o gasto de mobiliario no edificio de Michelena.

Por Telmo Martín | Pontevedra | 28/02/2011

Comparte esta noticia

Pois ben, nin o xoves no Pleno nin despois. A día de hoxe o goberno segue sen amosar as facturas dese gasto. Pedímolas por escrito hai xa máis de 10 días e segundo a lei tiña que térnolas entregado aos 5 días.

Polo tanto, o primeiro que quero destacar é que, onde Lores debía haber aportado facturas e explicacións, só houbo insultos. Ata o de agora só apareceu documentación por importe de pouco máis de 300.000€, polo tanto faltan facturas por valor de 200.000€. E iso se finalmente a versión oficial é verdadeira, porque puidese pasar que o gasto fose mesmo superior. Tratándose deste goberno e dos seus antecedentes, para crer necesitamos mirar as facturas.

Como xa dixen a algún xornalista que me preguntou, o que máis me molestou dos insultos é que non foron froito dun calentón, senón que os levaba escritos nun papel que leu. E incluso, segundo o propio Lores, suavizou os máis graves.

O victimismo, como tantas veces denunciei aquí, é unha constante de Lores. Pero xamais pensedes que chegaría ao extremo de usar a súa lesión de costas no debate político, e moito menos para xustificar a compra de unha cadeira de 1.050€ (foron 7 cadeiras).

Pero o máis grave do comportamento de Lores é o da “superioridade moral” coa que actúa. Como si el xa estivera por enriba do ben e do mal e os demais, especialmente se somos os seus rivais políticos, fósemos sospeitosos. Leva todo o mandato cuestionando a miña honradez e a doutros compañeiros como Ricardo Aguilar, que tamén tivo que aguantar os ataques e ameazas de Mosquera neste Pleno.

Podo entender que Lores teña moitísimas gañas de seguir sendo alcalde, eu tamén as teño, pero o mundo non remata se non o consigo. Semella que si no caso de Lores. Non todo vale, e o normal sería que tentase conseguilo propoñendo as mellores ideas e solucións para os pontevedreses, pero non debe confiar moito no seu discurso e na súa xestión, a xulgar pola frecuencia coa que me difama. Ao final foi unha semana pouco edificante, empezouna Mosquera chamándome “destroyer” nunha entrevista en Diario de Pontevedra, e pechouna Lores como sabedes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA