Falemos de Lugo

Hai uns días escoiteille ó alcaldable socialista López Orozco e o seu segundo na lista, Gómez Besteiro, afirmar categóricamente que na próxima campaña electoral adicaríanse, en exclusiva, a falar de temas de Lugo. Eu recollo o guante, imos falar de Lugo.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 01/03/2011

Comparte esta noticia

Puntualizo, eso si, que falar de Lugo, salvando pequenas matizacións e as obvias diferencias derivadas da nosa idiosincrasia, non é moi diferente a falar doutras cidades de Galicia e mesmo do resto do Estado.

A cousa é clara, que a economía española se atope nunha das peores situacións posibles, afectanos por igual a todos os cidadáns, vivamos onde vivamos ou naceramos onde naceramos.

Porque en Lugo tamén repercuten os efectos do estancamento económico, o feito de que España fora un dos poucos países desenvolvidos que pechou 2010 cun retroceso económico do -0,2%; así como que teñamos unha porcentaxe de desemprego altísima, que en números absolutos equivale a dicir 4,7 millóns de parados, ou que o IPC se colocara en xaneiro no 3,3 por cento, a taxa máis alta dende outubro de 2008.

Os pensionistas de Lugo teñen conxelada a súa paga; moitos parados non peciben ningunha prestación e os funcionarios cobran un cinco por cento menos de media. Ós habitantes de Lugo tamén lles afecta que non teñan ningunha deducción fiscal por comprar unha vivenda, que a luz subira un 9,8%; o gas, un 3,9%; a bombona de butano, o 3,13%; os billetes de tren, o 3,1% e que o precio dos carburantes se disparara.

E cando falamos de Lugo tamén podemos reflexionar sobre qué motiva a algúns a devaluar aqueles aspectos sobre os que todos, obxectivamente, deberíamos sentirnos orgullosos. E refírome, en concreto, ó hospital universitario Lucus Augusti ou mesmo ó polígono industrial de As Gándaras.

Que o HULA é, hoxe por hoxe, o mellor hospital de Galicia e un dos mellores de España é indiscutible. E aínda que tal circunstancia non debe levarnos a autocompacencia, porque sempre queda camiño por andar, tampouco é razonable entregarse á crítica porque si.

O lóxico sería celebrar as boas noticias e buscar solucións para as malas. Algúns non o entenden así, pero alá eles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA