Un furado no pantalón

O meu amigo e veciño Carballido dixo que lle mercaron un pantalón vaqueiro que lle traía un pequeno furado e que, o verlle tal defecto, foi onde llo mercaron coa idea de cambialo. Pero aconteceu que a vendedora convenceuno de que a prenda estaba ben, pois agora os vaqueiros levan moitos furados e seica quedan moi chulos, pois é unha tendencia que indica modernidade. Vamos, que son cousas da moda, e nós como bos cidadáns temos, que bailar o son que nos indica tal concepto.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 16/05/2018

Comparte esta noticia
O caso é que tal asunto lembroume que a min iso de que se leva ou de que esta de moda, non me convence moito. Cecais porque son persoa un tanto crítica e un tanto descreída. Por iso,  aínda que moitos poidan mesturar moda, modernidade,  progresismo e progreso,  afirmo  que todos ises conceptos son  un tato enganosos   pois  maiormente teñen  pouco que ver coa  comodidade, co bo porte no asunto da vestimenta e con moitas desas  cousas que son precisas e indispensables para levar mellor  a vida cotiá. 
 
Teño discutido con algunhas mulleres, pois sempre repiten unha cantinela que a min faime moita gracia. Elas dín: iste ano van levarse os azuis e os roxos. E  pregúntolle: quén o dixo? A resposta sempre é amesma: os da moda. E sigo preguntando: e quen son os da moda e, dende ise momento remata a conversa dicindo: eres un pesado.
 
Debo afirmar que sempre entendín que o falar de moda, a relación era de  mercar un obxecto  que axudaba a mellorar as nosas vidas; que era un avance que nos permitía vivir mellor; que era algo moi necesario,  etc. E que  a roupa e outros trebellos denantes  de saír o mercado cumprían cos cánones de ergonomía e calidade para mellorar a nosa existencia,   ademais de pórnos máis elegantes.
 
Anos atrás, poño por exemplo, andar cos pantalósn esfiañados, rotos ou remendados era sinónimo de ser probre de solemnidade. Vamos, de vivir na indixencia ou pouco menos. Agora, levar os pantalóns,  como dixen antes, ou no fondo do cú seica é indicativo de modernidade e sobor de todo de andar á última.
 
Por iso, cada día que pasa, vexo con máis claridade que non é así. Pois, na maioría dos casos a moda soamente xoga co noso cansanzo; xoga co aburrimento  de ver sempre o mesmo; xoga   coa nosa  psicoloxía; xoga  co unico  obxectivo de facernos ver que pra andar á última hai que  mercar cegamente o que uns persoeiros, non sei se iluminados  ou gurús, indican. E iso ven a deixarnos orfos e sen  personalidade propia.  En fin, o meu amigo sabe moi ben que pra andar á moda hai que consumir acríticamente. E il que é moi racional, por non levarlle  a contraria á da tenda, trouxo o pantalón. Mais axiña,  coa súa retranca, expresou o seu pounto  de vista nas redes sociais.
 
En fín, penso que non nos viría mal un chisco de pensamento crítico, para non ser soamente consumidores cegos do  que moitos chaman andar á moda. Que pra iso temos a liberdade de elixir, de mirar de sopesar e de mercar con cabeciña. Pois a moda ten cousas positivas pero outras que non o son tanto.
 

Etiqueta de roupa
Etiqueta de roupa | Fonte: euobserver.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com