Agresión no último acto de Galicia Bilingüe

A maioría dos medios silencian a conferencia de Gloria Lago, agora crítica co PP, e os que recollen a palestra censuran os incidentes. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/03/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A Asociación contraria á normalización do galego organizou unha palestra o pasado xoves pola noite no Auditorio de Novacaixagalicia en Vigo. Malia que a cidade olívica é o centro deste colectivo, o grupo de Gloria Lago só foi quen de xuntar a menos de medio cento de persoas.

None

"Libertad de lengua, libertad de pensamiento"  era o título do acto . "Con palabras e imágenes os mostraremos lo que hay detrás de la imposición lingüística", proclamaba o colectivo.

Faro oculta os golpes contra os boicoteadores

Como en outras ocasións nos actos de GB en Vigo, a palestra foi interrumpida por persoas críticas coas actividades desta asociación. "Na Galiza, en galego!" berrou un home erguéndose entre o público cun cartaz.

A resposta da maioría dos socios de GB só foi abuchealo, pero polo menos dous individuos comezaron a golpes e empurróns co rapaz, que non se defendeu segundo as imaxes. Velaquí a escena recollida no vídeo de GZcontrainfo:

A mesma prensa que encubrou a Lago agora ignóraa

Segundo a crónica de Faro, a conferencia foi interrumpida en dúas ocasións. Faro de Vigo omitiu calquera referencia á agresión ao boicoteador por parte dos simpatizantes de Galicai Bilingüe. De acordo á cabeceira olívica, el " público reaccionaba con aplausos y gritos de ¡libertad!".

Durante o bipartito, calquera acto convocado por este colectivo recibía unha enorme cobertura mediática por parte de case todas as cabeceiras, que convertían en noticia do día a suposta persecución contra os críticos coa normalización por parte dos defensores do galego.

Lago vese traizoada polo PP

Polo contrario, os incidentes do xoves foron silenciados. Salvo no Faro, tamén foi silenciado o propio discurso de Lago, agora crítica co PP de Feijóo. A profesora insiste en que Feijóo incumpliu a súa promesa electoral de deixar aos pais escoller a lingua vehícular do ensino. Tamén argumenta que os equipos de normalización da escolas son en realidade ferramentas de suposta instrución nacionalista dos cativos.

O silencio é que o silenciamento mediático de Lago e dos incidentes, que noutrora foron magnificados, é un síntoma máis do distaciamento da asociación cos conservadores, moi precupados pola impacto electoral nas locais da forte mobilización social que desatou o decreto que reduciu o galego nas aulas. Un dos poucos apoios que lle queda a GB é o da Falange Española das Jons.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

26 Isabel Rei Sanmartim

As agressões devem ser denunciadas sempre, na polícia. Esta também. Com a violência não se chega a nenhures.

1 Manoliño

Dille eso aos da U, que din que non recoñecen e rexeitan o uso exclusivo da violencia por parte dos poderes públicos. E insisto en que a violencia comezárona os que foron quentados, cun boicot, que é unha coacción. Sempre foi é e será igual: primeiro comezan as esquerdas exercendo violencia. Lóxicamente, quéntanos, e ao final, os quentados frótanse as mans porque teñen ocasión de laiar e dan pena eternamente porque lle sacuden o po da roupa. Non ter empezado e de seguro que non os quentaban, que non se sabe que os de GB vaian aos actos nacionalistas ou independentistas a boicotealos ou a exercer outro tipo de violencia.

2 Isabel Rei Sanmartim

Manolinho: Não se agride.

3 Manoliño

Non sei se te entendo moi ben con ese galego tan curioso, pero os primeiros que agrediron foron os boicoteadores ¿Ou é que a coacción non é un acto violento, tipificado no CP? Dos de GB non se sabe que foran ás manifas da Mesa para queimar contedores, tirar botellas aos manifestantes, etc. Dos outros, sábese que violentaron o acto, e sábese tamén que agrediron aos manifestantes de GB, e antes aínda, que violentaran outros actos desta asocación. Repito que a posta en escea da esquerda é sempre a mesma: primeiro comezan eles violentando. Os violentando, quéntanos, e os que empezan coa festa frótanse as mans porque teñen ocasión de facerse as vítimas eternamente. Sempre foi, é, e será igual.

4 Isabel Rei Sanmartim

Obrigada pelo do galego curioso. A agressão da que fala a notícia foi feita por, no mínimo, dous membros de Galícia Bilingue. Sobram as palavras e faltam as denúncias no julgado. Contra os violentos: justiça.

5 Rayleigh

Home manoliño..non van reventar actos da Mesa, pola sinxela razón de que para iso hai que ter xente. E xente, de polo menos, menor de 30 anos para poder correr. GB son 4 gatos cunha idade media de 50-60 anos. Por moito que levedes nenos para baixa-la media de idade. O rapaz, por unha parte, non fixo ben en ir a ese acto por que deulles o que querían (facerse as víctimas) e podían contaxiarlle algo. Pero por outra parte, foi intelixente por que non respondeu as agresións por que ten por seguro manoliño que se se chega a defender, Glory e os seus súbditos, o poñerían en todos lados só a parte do rapaz repartindo.

6 Compostelana

Claro que non se defendeu... xa tiña o que quería un novo mártir para a causa. Que xente deus santo!, os de GB con energúmenos que agreden para defender as súas ideas e os outros indo a reventar actos, todo moi democrático está claro. Intolerantes todos!!!!!!

7 Rayleigh

Non o estou louvando. Paréceme bastante estúpido darlle a esta xente o que anda buscando. Queren facerse as víctimas e xente como este rapaz, vai e o fai. Se non fora por este descerebrado, ese aquelarre, sería o que foi: nostálxicos a quen ninguén failles caso, alimentando a súa propia paranoia, nun exercicio de onanismo mental case indecoroso.

25 CranioFarto

A ver se facemos xornalismo máis serio e menos tendencioso, por favor. E polos dous lados. Xa sabemos que tamén a prensa madrileña nos mete a todos os defensores do idioma no mesmo saco. O saco destes imbéciles. ¿Qué temos que ver os demáis con este australopithecus afarensis que se aposta aí co carteliño na man pa agardar o momento de facer algo de ruído e papar hostias?

1 Compostelana

Comparto a túa opinión completamente, o sectarismo é vergoñento en calquera dos dous "bandos", que é ben triste ter que falar de bandos cando falamos dalgo tan a apreciar como é unha lingua. A ver se deixamos de usar a lingua para liberar tensións inseridas no noso subconsciente...

2 Porco Jones

Compostelana, ¿quén son os que atacan a lingua? ¿de verdade pensas que é verdade que hai uma imposición do galego? ¿negas a diglosia galopante que sufrimos? ¿a caso non ves que tipo de xente son os de GB? Pareceme moi ben que vaias de moderada, pero na vida hai que ter criterio e loitar polas propias crenzas. ¿Sabes onde oubo moitos moderados que non quixeron montar un lío? Na Alemaña dos anos 30, e xa viche o que pasou despois...

3 Compostelana

Mateime a respotarche e agora vexo que non me colgou a mensaxe, mágoa... Só comentar unha cousiña, a diglosia galopante que vivimos non é culpa do governo actual nin do anterior nin de ningúen máis qeu aqueles galegos que seguen vivindo con complexos absurdos. Polo demais grazas por chamarme "suiza" ou atontada social e política pero...se queres remítome eu a feitos históricos nos que xente que se pensaba "sometida" acabou sendo o peor xugo dos seus compatriotas....

24 anonimo

Si nos hace felices, llevais 3 años diciendo memeces de GB, la foto la sacaron antes de que empezara, supongo que la conferenciante no iba a hablar de pie delante de las butacas, a pesar de que jugaba el Celta había casi 200 personas, en nungun sitio va tanta gente a una conferencia, y yo no veo en el video mas que a unos maleducados reventadores que fueron expulsados, nadie les manda ir a jorobar los actos de los demas,

1 Portelán

Ayyyy jugaba el celta??? PPFFFFF e seguro que foi un encontro esporádico e non previsto. Só sodes unha minoría marxinal supersubvencionada, super trica que te trica da deputación e doutras institucións e un auténtico PEIDO MEDIÁTICO, botado a andar por Pedrojotas e Jomeinis Losantos. Non sodes ninguén nin representades a ninguén en Galicia. O que é de vergoña é que Carlos Callón se teña prestado a entrevistras e careos mediático sendo o portavoz da maior asociación cultural de Galicia en membros declarados, poñendose a altura destes talibáns que non son ninguén en número nin representan a ninguén.

2 Manoiño

Aquí parece que todo se reduce a repetir a mentira de sempre, unha delas que Callón é o portavoz da "maior asociación cultural de Galcia". Afirmacións extraordinarias requiren probas extraordinarias. Os do bloque é sabido que se meten en todas as asociacións que crean como apéndices, despois non pagan as cotas, falecen etcétera, e mantéñenos como se estiveran vivos, ou non os dan de baixa aínda que non paguen hai anos.

3 Salva

Señor anónimo, de 200 nada, había unas 50 (el Faro habló de 100) y si bien el chaval de la pancartilla interrumpe el normal desarrollo del acto, el señor que le golepa repetida y cobardemente, pues el chico ese está inmovilizado, es un agresor y un violento que la propia Galicia Bilingüe debería denunciar. Manoliño, no se puede justificar la violencia y tú lo haces.

23 até o cu dos clons

Cantos neste fío non son clons? Eu vos digo que como moito son tres ou catro.

22 filantrópico

Pouca democracia teñen os da esquerda galega,ainda seguen no monte alí dandose cos cornos nas pedras,alí están ben.