Agresión no último acto de Galicia Bilingüe

A maioría dos medios silencian a conferencia de Gloria Lago, agora crítica co PP, e os que recollen a palestra censuran os incidentes. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/03/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A Asociación contraria á normalización do galego organizou unha palestra o pasado xoves pola noite no Auditorio de Novacaixagalicia en Vigo. Malia que a cidade olívica é o centro deste colectivo, o grupo de Gloria Lago só foi quen de xuntar a menos de medio cento de persoas.

None

"Libertad de lengua, libertad de pensamiento"  era o título do acto . "Con palabras e imágenes os mostraremos lo que hay detrás de la imposición lingüística", proclamaba o colectivo.

Faro oculta os golpes contra os boicoteadores

Como en outras ocasións nos actos de GB en Vigo, a palestra foi interrumpida por persoas críticas coas actividades desta asociación. "Na Galiza, en galego!" berrou un home erguéndose entre o público cun cartaz.

A resposta da maioría dos socios de GB só foi abuchealo, pero polo menos dous individuos comezaron a golpes e empurróns co rapaz, que non se defendeu segundo as imaxes. Velaquí a escena recollida no vídeo de GZcontrainfo:

A mesma prensa que encubrou a Lago agora ignóraa

Segundo a crónica de Faro, a conferencia foi interrumpida en dúas ocasións. Faro de Vigo omitiu calquera referencia á agresión ao boicoteador por parte dos simpatizantes de Galicai Bilingüe. De acordo á cabeceira olívica, el " público reaccionaba con aplausos y gritos de ¡libertad!".

Durante o bipartito, calquera acto convocado por este colectivo recibía unha enorme cobertura mediática por parte de case todas as cabeceiras, que convertían en noticia do día a suposta persecución contra os críticos coa normalización por parte dos defensores do galego.

Lago vese traizoada polo PP

Polo contrario, os incidentes do xoves foron silenciados. Salvo no Faro, tamén foi silenciado o propio discurso de Lago, agora crítica co PP de Feijóo. A profesora insiste en que Feijóo incumpliu a súa promesa electoral de deixar aos pais escoller a lingua vehícular do ensino. Tamén argumenta que os equipos de normalización da escolas son en realidade ferramentas de suposta instrución nacionalista dos cativos.

O silencio é que o silenciamento mediático de Lago e dos incidentes, que noutrora foron magnificados, é un síntoma máis do distaciamento da asociación cos conservadores, moi precupados pola impacto electoral nas locais da forte mobilización social que desatou o decreto que reduciu o galego nas aulas. Un dos poucos apoios que lle queda a GB é o da Falange Española das Jons.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

6 Manoliño

Veulles de perlas aos que non saben vivir e deixar vivir que os quentasen. A cousa foi, é e será sempre igual. Ao igual que Falange ou os esquiroles na república, estes de GB (cos que discrepo, por certo) constitúen unha minoría perseguida e maltratada. Lembrade que non é a primeira vez que os boicotean ou os agreden, tanto en Vigo como en Santiago de Compostela, sen que se saiba que eles vaian boicotear actos dos seus contrarios. Comeza a chusma independentista e filoterrorista exercendo violencia, que un boicot é unha coacción ("el que impidiere a otro hacer lo que la ley no prohíbe" debe dicir o Código Penal). Os que queren exercer o seu dereito a vivir, quéntanos, e os quentados frótanse as mans porque agora teñen ocasión de facerse as vítimas eternamente. O de sempre.

1 Arenga

Manolo eres um hipócrita, nom mereces mais explicaçom. Depois pides aos demais que condenem a violência contra os teus.

2 Rosendo

Estou de acordo. O terrorismo ten unha estratexia: acción - reacción (e despois facerse víctimas). E a noticia... moi sesgada, paréceme (relacionar GB coa Falange, p.ex.).

3 Teresa

Non teñas pena Manoliño que cando vaias chorar pola estatua sen volta, eu eiche levar un limpa mocos que ten unha conocida miña que me conta que foi de Carmencita F. Polo, ás fabas, que tamén tiña, podreceron co tempo.

4 Manoliño

Teresiña, ¿que a estatua non ten volta? Cando me acertes a combinación da primitiva, crerei que a estatua non ten volta.

5 Manoliño

Rosendo, na esquerda foi, é e será eternamente igual. Primeiro comezan eles cometendo actos violentos, xa sabes que por exemplo a U que domina o bloque, non recoñece e protesta ou rexeita o uso exclusivo que teñene os poderes públicos no que ao emprego da violencia se refire. Despois, quéntanos, e ao final, están laiando eternamente. E os da mononeurona pretenden que teñamos por víctimas aos verdugos que comezan a festa.

6 Teresa

Qué Manoliño,pasache coma a min e traballas no turno de noite ou xa estás de troula? Mágoa de festas, este ano non ás cheiro!Por certo, tiveches tempo de ir ver coma quedou o Campo da Leña?

7 Manoliño

O do Campo da Leña é unha puñalada trapera e un conto. Mira, dinme fontes xeralmente informadísimas, que o do Campo da Leña é un brindis ao sol. Non cambiou a nomenclatura dese espazo. Segue a ser a praza de España, e punto. Grabaron "Campo da Leña" nalgún banco, como se poñen "pradeira grande". As denominacións de rúas, ou os cambios de nomes delas apróbanse en pleno. A cousa é similar ao que ocorría cando un construtor poñía unha praca co seu nome nunha rúa na que construía, a ver se callaba, e nalgún caso callou. Aquí proban a ver se hai sorte e algún día fan o ilegal, oficial.

8 Manoliño

Contábame un amigo que nos anos 20 do século pasado, o carteiro que repartía a correspondencia polas poucas casas que había na rúa de San Luis tiña moitos problemas, dos que se queixaban os veciños. Este rueiro e outros dous mais, non tiñan unha denominación oficial, o que producía equívocos. O carteiro de común acordo cos veciños, decidiu poñerlles nome ás rúas e elexiu o nome dos seus fillos: Luis, Rosendo e Vicente. Desde xeito púxolle a unha "rúa de San Luis", e penso que as outras dúas eran San Rosendo e San Vicente. Callou. Coa pza. de España preténdese o mesmo, pero non para solucionar un problema, senón para sacar pola porta de atrás o termo España, que xa se sabe que ten a tiña: é maaaaaaaaaaaalo.

9 curuñés

Menos mal que estás tí para abrirnos os ollos manoliño. É unha conspiración xudeomasónica, non te das conta da idea?, leña contra españa¡¡¡

5 V8b7

U-los feij(oo)istas?

4 galego

No video vese a un neonazi dun 50 anos cunha chaqueta de coiro e que, despois de golpear mira para a cámara, ¿non debe ser moi dificil identificalo, alguen ten que coñecelo, para poñelo diante da xustizaaaa ??

1 Buffon

Se tem 50 anos nom pode ser neonazi, será "paleonazi"

2 Neopaleo

hha hha ha, ha¡¡¡¡¡ escaralho-me

3 xxx

2 Arenga

Que se idenifique aos agressores e se lhes meta no caldeiro umha boa tempada.....ah, nom, que estes nom som independentistas ou nacionalistas galegos.