Temas: ORDES

Denuncian actuación fraudulenta no proxecto de parque eólico na comarca de Ordes

A Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes (CIPECO) presentou uns escritos diante da Xunta para avisar á administración autonómica de posibles irregularidades na construción de novas plantas eólicas.

Por Galicia Confidencial | Ordes | 19/05/2018 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia tería prevista a aprobación de declaración de especial interese para os parques eólicos de Gasalla e Monte Inxerio, os dous na comarca de Ordes. Contra esta posibilidade a CIPECO, a coordinadora contraria á implantación de parques eólicos na comarca, presentaron unha serie de escritos dirixidos ao conselleiro de Industria, Francisco Conde e ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo.

Eólicos na serra do Xistral
Eólicos na serra do Xistral | Fonte: USC.

Os escritos sinala que a empresa Green Capital Power S.L., está fragmentando “de forma fraudulenta a tramitación” do que sería un único parque en varias superficies máis pequenas. O obxectivo sería “evitar trabas na súa tramitación administrativa e medioambiental”. O parque pensado para Ordes abranguería os Gasalla, Monte Inxeiro, Ardemil e A Pobra. A superficie recollería terreos desde a parroquia de Lesta, en Ordes, ata Vilasantar.

A CIPECO denuncia que esta presunta actuación de Green Capital Power S.L., podería ser “contrario ao interese xeral e posiblemente nulo de pleno dereito”. Desde coordinadora  chaman aos “veciños e veciñas que se sintan afectados coa implantación dos parques” e a “todos aqueles colectivos e persoas sensibilizadas con esta causa” a asinar os documentos base para que, unha vez asinen, podan presentalos no rexistro da Xunta durante os vindeiros días.

https://www.facebook.com/noneolicosenordes/

Teléfono para contactar coa Coordinadora: 696996067

Temas: ORDES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta