Ferido un mozo condutor após saírse da vía e chocar contra un poste en Ordes (A Coruña)

Un home resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste luns após saírse da vía o vehículo que conducía e chocar contra un poste de telefonía no termo municipal de Ordes (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2018 | Actualizada ás 09:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste luns após saírse da vía o vehículo que conducía e chocar contra un poste de telefonía no termo municipal de Ordes (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro ocorreu sobre as 7,45 horas deste luns cando o condutor circulaba co seu vehículo pola estrada que une Ordes e Cerceda.

Após o aviso dun particular, que indicou que se tratou dunha saída de vía co condutor ferido e accesible, os Bombeiros de Ordes, despois de ser informados polo 112, desprazáronse até o lugar para prestar colaboración, ao tratarse dunha zona con moi pouca visibilidade.

De igual maneira, por parte do 112 Galicia requiriuse a intervención do persoal sanitario do 061, dos axentes de Tráfico, da Policía Local e a de efectivos de Protección Civil.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que a persona estaba accesible no interior do vehículo, pero foi necesario o uso do material de excarceración para poder evacuala.

Ademais, relataron que, debido ao impacto, o poste de telefonía partiu pola metade e quedou suxeito polos cables de alta tensión. Por iso, solicitouse tamén a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada e da compañía de telefonía.

Mentres, o 061 enviou unha ambulancia asistencial que, concretaron a Europa Press fontes sanitarias, levou ao ferido, R.J.P.N., de 27 anos, ao Hospital Quirónsalud na Coruña.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta