En prol da igualdade real

En tempos tan difíciles como os actuais, nos que moitas familias están a pasar por momentos compricados pola falla de recursos económicos mínimos para poder subsistir, podería caerse na tentación de que cuestións ligadas á necesaria igualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral quedaran relegadas a un segundo plano.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 15/03/2011

Comparte esta noticia

É certo que a lacra do desemprego castiga por igual a homes e mulleres, que non discrimina por razón de sexo, pero tamén o é que as mulleres, neste contexto de crise pero tamén de bonanza económica, atópanse nunha situación de desigualdade real, que non legal.

O propio feito de que dende hai xa cen anos conmemoremos o Día internacional da muller leva aparellado o recoñecemento implícito desa desigualdade. E non se trata de negar os avances do camiño andado, senón de recoñecer o moito que aínda nos queda por percorrer.

A Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia recoñece o principio de equidade, pero a realidade constata que as mulleres seguen a ser relegadass e non só xa porque, en computos globais, cobren ata un 30 por cento menos que os homes por desenvolver idéntico traballo, porque teñan unhas taxas de temporalidade e precariedade máis altas que as dos homes; ou mesmo porque a coantía das prestacións que perciben por desemprego ou as propias pensións sexan inferiores, ó igual que a súa taxa de actividade ou de ocupación; tamén porque atópanse con maiores atrancos para poder progresar nas súas carreiras profesionais.

Para trocar esa situación resulta ineludible a implicación de todos e dende todos os frentes. É preciso favorecer a conciliación de vida familiar e laboral e, o máis importante aínda, é imprescindible que as mulleres participen na toma de decisións que se adopten tanto dende o ámbito político como dende os propios sectores productivos.

E esa participación non será efectiva ata que as mulleres acaden as cotas de poder que lle corresponden, non xa únicamente por méritos propios senón porque non hai que esquecer que representan algo máis da metade da población.

Cen anos despois o carácter reivindicativo do Día internacional da muller continúa a estar vixente. Non podemos permitir que as mulleres, a pesar dos logros, continúen a ser relegadas a segunda fila.

Homes e mulleres, xuntos, temos que loitar porque o sistema de clasificación profesional recollido no Estatuto dos Traballadores e baseado na formación, as aptitudes e as tarefas asignadas as persoas se cumpla. Ese é o reto polo que traballar os 365 días do ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA