O PP veta unha proposta para combater o uso de bolsas de plástico

A voceira de Medio Ambiente do grupo Socialista, Patricia Vilán, propuxo fixar un imposto disuasorio contra as bolsas de plástico dun só uso.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/06/2018 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

No día do Medio Ambiente, o  Partido Popular vetou no Parlamento a proposta de Lei do Grupo Socialista para reducir o consumo de bolsas de plástico dun só uso. Estas bolsas son consideradas macroplásticos e tardan en degradarse 55 anos: "cada ano oito millóns de
toneladas de plástico chegan aos mares e os océanos e en 2050 no mar haberá mais
plásticos que peixes”, apuntou a voceira socialista.

Plásticos no mar
Plásticos no mar | Fonte: NOAA.

Ademáis, Vilán puxo sobre a mesa que “Bruxelas levaba dicíndolle ao Goberno do Estado
que tiña que reformar o sistema impositivo medioambiental” e afirmou que “España fíxoo
tarde, mal e arrastro". Así, sinalou que a proposta socialista “ traería consigo un imposto con carácter indirecto e natureza real, co obxectivo de diminuír as bolsas de plástico e a finalidade de minorar a contaminación”. Desta xeito, “o tipo impositivo sería de 10 céntimos de euro
e a partires de 2020 de 15 céntimos”.

TONELADAS DE PLÁSTICO EN MARES E OCÉANOS

No día do Medio Ambiente, este ano adicado á loita contra os plásticos, o Grupo Parlamentario dos Socialistas presentou unha proposta de lei que vetaron os populares. O 32 % de todo o plástico que utilizamos os seres humanos acaba na natureza. Calcúlase que cada ano 8 millóns de toneladas de plástico chegan a mares e océanos, polo que o World Economic Forum informa que en 2050 no mar haberá máis plásticos que peixes.

Así, na UE, a media de consumo de bolsas de plástico é de 176 por persoa e ano, sendo un produto de vida útil efémera de tan só 15 minutos, aínda que facilmente substituíble por sistemas reutilizables.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta