Temas: MEIRáS BNG

Os Franco denuncian aos militantes do BNG por delitos de odio

A familia Franco e a Fundación Franco denunciaron ao grupo de 19 militantes do BNG que en agosto do ano pasado "ocuparon" simbólicamente durante unhas horas o Pazo de Meirás por delictos contra a honra, danos e violación de morada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2018 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A familia Franco e a Fundación Franco denunciaron ao grupo de 19 militantes do BNG que en agosto do ano pasado "ocuparon" simbólicamente durante unhas horas o Pazo de Meirás polos delitos de odio, contra a honra, danos e violación de morada. Así o anunciou este xoves o dirixente nacionalista Néstor Rego, que compareceu acompañado doutros dos participantes naquela acción de denuncia para informar de que foron denunciados tanto pola familia Franco como pola fundación que leva o nome do ditador por mor destes feitos.

Ocupación pazo de Meirás denuncia familia Franco
Ocupación pazo de Meirás denuncia familia Franco | Fonte: Europa Press

Ante os medios, Rego lembrou que en agosto de 2017 un grupo de militantes do BNG fixeron unha "acción pacífica" despregando dúas pancartas no Pazo de Meirás, Ben de Interese Cultural en mans da familia Franco, para pedir a súa "reintegración" no patrimonio galego. A acción, lembrou, coincidiu cun día de visita pública da instalación, durou dúas horas e "todos os participantes abandonaron o pazo ante a Garda Civil e de forma pacífica". Esta actuación, apuntou o nacionalista, "reactivou o debate social e político sobre o pazo" e a súa "devolución ao pobo galego", polo que se mostrou "orgulloso" de participar na iniciativa.

DENUNCIA

Hai menos de dúas semanas, os 19 integrantes desta acción comezaron a recibir notificación da denuncia presentada ante os Xulgados de Betanzos (A Coruña) e pola que terán que ir declarar a finais do mes de setembro. Na denuncia, atribúeselles un delito de violación de morada con agravante de violencia, penado con de un a catro anos de cárcere; e de danos en modalidade agravada, penado con entre un a tres anos de prisión.

Ademais, considéranos autores dun delito de odio, penado con entre un e catro anos de prisión e doutro contra a honra con publicidade, ao que corresponden entre seis meses e dous anos de cárcere. Con iso, destacou Néstor Rego, a familia e a Fundación Franco piden para os integrantes desta "acción pacífica" penas de cárcere que van desde o tres anos e medio aos 13 anos de prisión, así como multas económicas.

Os militantes consideraron esta acusación unha "barbaridade desde o punto de vista xurídico" e "lacerante para as vítimas do franquismo", á vez que cren que "carecen de fundamento". Neste sentido, lembraron que se realizou nun día de apertura pública do pazo, polo que "non hai violación de morada", e de forma "pacífica". Ademais, cualificaron de "irónico" que "unha fundación que fai apoloxía do fascismo" lles denuncie "por atentado contra a honra e por un delito de odio". "É o mundo ao revés", dixo Néstor Rego.

DEMOCRACIA "DE BAIXA CALIDADE"

Para Néstor Rego, accións como esta demostran que a española é "unha democracia de moi baixa calidade" na que "persisten as estruturas do fascismo" e na que "se segue perseguindo a persoas polas súas ideas políticas".

"Esta actuación xudicial e o seu resultado dirá moito da saúde democrática do país", dixo Rego, que reclamou ao novo Executivo nacional a "derrogación inmediata" de leis que "coartan as liberdades públicas", especialmente a coñecida como Lei Mordaza, e a "posta en liberdade das persoas encarceradas por motivos políticos".

APOIO DESDE EUROPA

Após coñecer a noticia, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, expresou o seu apoio ás 19 persoas denunciadas e cualificou de "inadmisible" que, "ademais de facer uso dun inmoble usurpado ao pobo galego", a familia Franco "solicite penas de prisión para estas persoas".

"Que sexa unha fundación que realiza apología do fascismo e a súa familia a que presenta estes cargos é intolerable nun estado democrático", dixo Miranda, que garantiu que o BNG "non deixará de reclamar que as propiedades que usurpou o ditador pasen a mans públicas".

Temas: MEIRáS BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 anonimo

non vos poñades medallas que non son vosas. A reactivación do debase sobre a propiedade do Pazo de Meirás ven da actuación das asociacións pola recuperación da memoria histórica non do BNG. Vos subíchedes ao carro para ter protagonismo

1 comunista dependentista

claro que si home claro que si se o fan todo por protagonismo non coma ti nin como os que lles queren pagar aos Franco polas beirarrúas

2 arredista

No BNG son especialistas en parasitar as loitas sociais e apropiarse delas, para logo anulalas. Quintacolunismo cipaio.

3 O can do Roxo

Xa pero en Madrid non hai quen nos represente era visto Fernan e Beiras penoso final para un home da tua categoría e de anos traballando polo pais.Non sei si o bng e o millor pero si sei o que non e. E sabiamos da ilusion das mareas pobres os d anova que viron en vos un respiro que vos acabou afogando.