Que vai pasar agora coas esculturas roubadas do Pórtico?

O Goberno de Rajoy respondeu a En Marea antes de deixar o Executivo que "non ía exercitar acción algunha máis alá de contactos realizados e das investigacións” para que a familia do ditador Franco devolvese as pezas roubadas ao Concello de Compostela.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2018 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, pediu ao anterior Executivo de Rajoy que realizase as xestións pertinentes para a devolución das esculturas de Isaac/Ezequiel e Abraham/Xeremías ao seu lexítimo propietario, o Concello de Santiago. O Ministerio, que até hai uns días dirixía Méndez de Vigo, limitouse a alegar que non estaba no seu eido competencial

Esculturas espoliadas do Pórtico da Gloria
Esculturas espoliadas do Pórtico da Gloria

 

Como queda evidenciado na resposta a Fernán Vello, o Ministerio non fixo ningunha xestión para cooperar e colaborar na recuperación das esculturas do Pórtico da Gloria a pesar dos acordos da Cámara Baixa en outubro de 2017.

 

Así, o voceiro de En Marea puxo en cuestión a "colaboración institucional" da que fala o anterior Ministerio e lamentou que o Executivo de Rajoy "fixese o que está acostumado a facer en relación a cuestións de memoria histórica ou de patrimonio espoliado pola familia do ditador: mirar para outro lado como se non fose con eles".

 

Por outra banda, o MECD sinalou na súa resposta a En Marea que "no recibió documentación alguna del Ayuntamiento de Santiago de Compostela que acredite la titularidad invocada, lo cual no es achacable a una falta de interés por parte del Ministerio ni a una indiferencia respecto a su relevancia artística, histórica y cultural, sino que responde exclusivamente a criterios de reparto competencial entre las Administraciones Públicas".

 

NOVA ETAPA CO GOBERNO DE SÁNCHEZ

 

O voceiro de En Marea apuntou que a indiferenza do PP neste tipo de cuestións sobre patrimonio histórico supón unha "auténtica deformación" para a "normalidade democrática". Tamén sinalou que, co novo Goberno de Sánchez, agardaban o cumprimento dos acordos adoptados no Congreso, xa que contaran co "voto favorábel do grupo socialista". 

 

Do mesmo xeito, Fernán Vello enfatizou que con esta nova etapa que se abre "poremos  esta demanda enriba da mesa ao igual que todo o relativo á recuperación do Pazo de Meirás". 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 NgUR

Como siempre, quienes menos creen en la democracia y más en los sistemas de partido único, más pontifican sobre democracia. De chiste. En las democracias, la propiedad privada es un pilar de la civilización. El Pazo de Meirás fue un regalo --Ramón Villares dixit-- y esas piezas también porque los gallegos adoraban a Franco. Tienen un problema al vivir en una fábula; tarde o temprano se dan una bofetada de realidad. Durante el Franquismo, la oposición cabía en un autobús --Vázquez Montalbán dixit-- y en Galicia, en donde cualquiera es propietario de una tierra-- sobraban plazas en un microbús. De ahí que la oposición se lamentase de que el pueblo español no los apoyaba "porque no saben lo que les conviene". Acabarán trastornados porque sus fábulas y ensoñaciones los llevan directamente a la melancolía. Ellos mismos.