Temas: CPXG XORNALISMO

Primeiros pasos para crear o Consello Xeral de Colexios de Xornalistas

Os colexios porán en marcha un carné conxunto, o que supón camiñar cara o establecemento dun rexistro unificado da profesión.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 15/06/2018 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

A constitución do Consello Xeral de Colexios de Xornalistas comeza a ser unha realidade. Os nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España asinaron en Madrid a acta de constitución da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, cuxo obxectivo é coordinar as actuacións en defensa da profesión ata a creación do consello.

Trala presentación de devandita Rede, representantes dos colexios de Cataluña, Galicia, Murcia, Andalucía, País Vasco, Castela e León, A Rioxa, Asturias e Navarra mantiveron unha primeira reunión de traballo para fixar os obxectivos a curto e medio prazo. Neste sentido, os decanos e vicedecanos dos devanditos Colexios reuníronse no día de onte coa presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e con portavoces dos grupos políticos PSOE, PP, Ciudadanos e Podemos para esixirlles que realicen os trámites necesarios para que se promulgue a lei ao amparo da cal se cree o Consello Xeral de Colexios de Xornalistas.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas permitirá aos máis de 7.000 colexiados beneficiárense de todas as iniciativas formativas e de calquera outro tipo impulsadas desde calquera Colexio da Rede. Así mesmo, converterase no interlocutor oficial coas institucións públicas á hora de defender os dereitos dos profesionais da comunicación e denunciar, nos casos en que sexa pertinente, a vulneración destes.

Unha das primeiras novidades será a creación dun carné conxunto de todos os Colexios de Xornalistas, o que supón o primeiro paso para o establecemento dun rexistro unificado da profesión. Ademais, comezarase a traballar noutro tipo de proxectos que teñan como principal obxectivo a esixencia da titulación para o exercicio profesional, loitar contra a precariedade laboral e o intrusismo, dous dos principais males que aflixen na actualidade aos profesionais de xornalismo e de comunicación audiovisual.

Un carné de prensa
Un carné de prensa | Fonte: carnetinternacionaldeprensa.blogspot.com

Temas: CPXG XORNALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rafael

Creo que a creación dun Consello Nacional de Colexios como órgano independente, interlocutor oficial coas institución sería a mellor solución para profesionalizar a profesión xornalística, evitar o intrusismo e tratar de paliar a precariedade laboral. Penso que hoxe a FAPE é un organismo ineficiente, incapaz de dar respostas á profesión e unha organización que propicia e ampara os chiringuitos (asociacións da prensa) mal gobernadas por quen as utiliza en proveito propio. Adiante os colexios.