Televigo denuncia boicot informativo por parte da Xunta

Os "ultraxados" traballadores convocan unha manifestación, mentres o Sindicato de Xornalistas critica que haxa "traballadores sen licencia" e "licencias sen traballadores".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/03/2011 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

O conflito entre Televigo e a secretaría xeral de Medios da Xunta agrávase. Segundo denuncia a empresa, o Goberno deixou de remitir comunicados e previsións a este medio de comunicación, que segue a emitir malia o expediente de peche iniciado polo Goberno por non ter licencia.

None

Cabeleiro leva o peche á Xustiza

O departamento que dirixe Alfonso Cabaleiro levará a xustiza a negativa dos propietarios de Televigo a deixar entrar aos funcionarios da Xunta, que pretendían precintar os equipos este luns. "Ao negarse a entrada dos funcionarios, a secretaría xeral de Medios solicitará ao xuíz autorización de entrada nos recintos de Televigo para proceder ao peche da emisora e ao precintado dos equipos".

O Executivo deu un paso máis no peche do medio ao deixar de fornecerlle información, malia que Televigo segue emitindo a través da Rede.

"Discriminados"

Televigo asegura nunha carta enviada á Administración que "con fecha 26 de febrero de 2011  la redacción de Televigo ha dejado de recibir todo tipo de convocatorias y notas de prensa centralizadas en la secretaría xeral de medios".

O bloqueo informativo da Xunta provocou a reacción dos asalariados nunha carta remitida a Cabaleiro: "Los profesionales del medio, periodistas gráficos y redactores, nos sentimos agredidos, ultrajados y discriminados". 

Ademais, os traballadores convocan para  vindeiro mércores, día 30 de marzo, e unha concentración "apolitica e pacífica".

"Televigo non pide un trato preferente, senón igualdade de condicións para poder emitir. E é que, segundo recoñece o propio Tribunal de Xustiza de Galicia, na repartición das licenzas de emisión producíronse irregularidades, que a efectos prácticos significa que todas as cadeas adxudicatarias están tan ou máis ilegais que Televigo", argumenta a empresa.

O Sindicato de Xornalistas lembroulle onte á Xunta que a práctica totalidade das concesionarias de TDT incumpre a súa licencia, por non emitir as horas de produción propia en galego, non contratar a tantos informadores como comprometeron nas súas ofertas puntuadas no concurso (máis de 1.400 en toda Galicia) e non realizar os investimentos polos que lograron a concesión.

O colectivo considera "absurdo" que 50 traballadores poidan ir a rúa por non ter licencia de TDT a súa emisora, mentres que moitas das empresas con licencia seguen sen emitir máis dun ano despois do apagamento analóxico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 selector

A ver si vos enterades dunha vez....., a Xunta está facendo o que ten que facer..., hai unha denuncia e é o xuiz o que ordeará agora a Xunta a facer o seu traballo...... Tedes que ter en conta que a actitude dos xerentes de TELEVIGO é vergoñenta, cagarona fai uns anos cando presentaro mal a documentacion na convocatoria de licenzas para a TDT e agora lamentanse e a culpa é dos demais...., veriamos canto duraria na rua un tipo en vigo facendo de taxista co seu coche sen licencia.., a XUNTA está facendo o seu traballo, a pena e que o está facendo porque hai unha denuncia, tiñan que pechar moitas mais ilegais como VIATV.........

4 os de sempre

pois se non mandan convocatorias de prensa da xunta,mira que ben,se poden facer milleiros de noticias sen falar do que fai e deixa de facer a xunta,para iso xa está a tvg.ánimo e sorte televigo.

1 Toliño

Iso. Coas de Caballero xa tedes abondo.Hai que ir á manifa coa camiseta da Alcaldía. Nada de política,

3 saña

Ali estaremos nesa concentracion "apolitica" e non violenta, non vos pasedes tamen.

2 Lobo

Pregunto eu, que sindicato e este que ante un flagrante incumplimento das leis e normas da sua actividade, non presenta unha denuncia nos Xuzgados?

1 Vigués

Televigo ten moitos cartos para poder saír sen necesidade de licenza. Pode emitir desde Portugal. E Abel Caballero moita influencia en Madrid. Xa veredes como gañades a batalla, Televigo non pecha e Corina quedarase sen alcaldía.