Chega a Galicia o informe da Axencia Ferroviaria Europea que chegou en xaneiro a Francia

Faino despois de varias comunicacións por correo coa plataforma de vítimas do accidente e co BNG

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2018 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A Axencia Ferroviaria Europea enviou ao xuíz que investiga o accidente do tren Alvia rexistrado en Angrois (Santiago) hai case cinco anos as respostas que lle requiriu hai un ano, aínda que nun primeiro lugar o xulgado equivocouse e enviou a súa solicitude a unha dirección errónea.

O tren Alvia, instantes despois de descarrilar na curva de Angrois
O tren Alvia, instantes despois de descarrilar na curva de Angrois | Fonte: Europa Press

Os responsables deste ente comunitario, encargado de velar pola seguridade ferroviaria nos estados da Unión Europea, xa responderon o pasado xaneiro as preguntas que lles trasladou o instrutor da causa, sobre se a avaliación integral de risco era "normativa e/ou tecnicamente necesaria" na liña Ourense-Santiago.

Este aspecto é clave na instrución, posto que seis dos setes investigados ata o momento (todos salvo o maquinista) estano ante a posibilidade de que a análise de riscos fose deficiente, o que minguaría a seguridade na liña do sinistro.

O informe foi remitido en xaneiro ás autoridades xudiciais francesas, para o seu posterior traslado á sede dos xulgados composteláns. Con todo, o pasado venres, o maxistrado Andrés Lago deu conta nunha providencia (despois dunha folga dos empregados da xustiza que se prolongou tres meses desde febreiro) de que aínda non lle constaba dito informe.

"Dado o tempo transcorrido sen que se recibise contestación á comisión rogatoria remitida no seu día a Francia, dese traslado ás partes e ao Ministerio Fiscal para que aleguen o que ao seu dereito conveña", indicaba.

CORREO URXENTE

Por mor disto, a plataforma de vítimas e tamén a eurodeputada do Bloque Ana Miranda puxéronse en contacto coa Axencia Ferroviaria Europea, vía correo electrónico.

Despois deste intercambio de correos electrónicos, o director da Axencia, Josef Doppelbauer, indicoulles que, en paralelo ao seguimento coas autoridades francesas, o ente enviou ao xuíz na tarde deste martes unha carta de presentación e as respostas que proporcionaron ás autoridades francesas (en español) a través da súa caixa de correos funcional e por correo urxente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta