Solucións

A táctica socialista de negar a evidencia non convence. Débese, en parte, porque a realidade é tozuda e, por conseguinte, a verdade acaba sempre por impoñerse, máxime cando esa realidade estase a constatar cada día; e tamén (e esto é importante telo presente) porque abusaron tanto, terxiversaron tantas veces o que estaba a acontecer, que xa ninguén os cree.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 29/03/2011

Comparte esta noticia

É, en definitiva, un problema de credibilidade.

A delincuencia, por moito que nos gustaría poder dicir o contrario, disparouse. Un 5 por cento en Madrid; un 13% en Aragón; un 6% en Castela e León, un 8% en Galicia… Os roubos incrementáronse un 11 por cento; as estafas un 12%; as extorsións un 24%; as insolvencias punibles alzáronse ata o 33%; as fraudes no fluido eléctrico un 125 por cento, a compra de materiais procedentes de roubos un 45 por cento…

É preciso aportar máis datos? Pois convido ós escépticos, e mesmo a aqueles que sosteñen e practican aquilo de que unha mentira mil veces repetida convértese en verdade, a que lle boten unha ollada ós xornais ou segan puntualmente os servicios informativos de radios e televisións.

E despois deso, se alguén aínda continúa albergando algunha dúbida, que baixe á rúa e sondee a opinión dos viandantes que aleatoriamente se atope. Que se achegue ó Ceao, ou os bares de Acea de Olga ou a Fingoi, na capital lucense; que vaia ó barrio de O Casar en Monforte; ou ó concello de O Corgo, ou mesmo ó de Foz, A Pontenova ou a Ribadeo, e pregunte ós veciños qué impresión teñen sobre a grao de seguridade existente na nosa provincia.

Non se trata de ser alarmistas; trátase de poñer solución a un problema que vimos detectando nos últimos meses e que está a acadar proporcións preocupantes. Unha situación que as propias forzas de seguridade recoñecen, advertindo incluso de que a delincuencia estase a profesionalizar, organizar e, o que é peor, está a empregar a violencia, ás veces de xeito desproporcionado, con demasiada frecuencia.

A cidadanía, en definitiva, está amedrentada. E ten razóns obxectivas para estalo. A obrigación das administracións, e das forzas e corpos de seguridade do Estado, é garantir a súa seguridade, e despois, as súas propiedades.

E neste intre (e razonable e honesto recoñecelo), eses preceptos non se están a cumprir. E non por negar a evidencia, maquillar os datos ou directamente facelos desaparecer, o contexto no que nos atopamos vai cambiar.

Temos un problema. Solucionémolo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA