As grandes mareas collen forza en Ferrol a un ano das eleccións apelando a aparcar os "debates orgánicos"

Jorge Suárez e Martiño Noriega participan no III Encontro Municipalista. Ferrol tamén acolleu a presentación en público de Xuntos Actúa, no que se engloba Actúa Ferrol, proxecto fundado por Carlos do Río, que abandonou Ferrol en Común por diferencias con Jorge Suárez.

Por E.P. | Ferrol | 30/06/2018 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

As grandes mareas municipalistas déronse cita este sábado en Ferrol para coller forza cando o contador marca menos dun ano para unha cita coas urnas que se antolla clave no devir do proxecto rupturista en Galicia. Fixérono coa presenza de dúas dos seus principais referentes, os rexedores de Santiago, Martiño Noriega, e Ferrol, Jorge Suárez; así como representantes de Marea Atlántica, xa que o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, desculpou a súa ausencia alegando motivos persoais.

III Encontro municipalista en Ferrol. FERROL EN COMÚN
III Encontro municipalista en Ferrol. FERROL EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Quen tampouco estivo este sábado en Ferrol foi o portavoz de En Marea, Luís Villares. O maxistrado lucense non participou en ningunha das tres edicións dos encontros municipalistas, celebradas con anterioridade en Ourense (decembro de 2017) e Santiago (xaneiro).

De feito, a presenza de membros da coordinadora de En Marea ligados a Cerna hai dúas semanas na presentación de Marea de Ferrol, proxecto escindido de Ferrol en Común, xerou malestar no seo desta formación, que cren que a dirección do partido instrumental actuou con deslealdade cara ao goberno ferrolán que encabeza Jorge Suárez.

ENCONTRO

Así, segundo trasladaron fontes da organización, unhas 150 persoas en representación das mareas de 25 municipios participaron nas mesas de debate celebradas ao longo da mañá, que teñen por obxectivo compartir experiencias, tanto de goberno como na oposición, para seguir o camiño cara ás eleccións do próximo ano.

E é que, como sinalou o rexedor ferrolán en declaracións aos medios, as mareas locais márcanse como obxectivo aparcar os "temas orgánicos" para "traballar no contido de fondo", como trazar liñas progamáticas comúns ou definir o código ético a seguir. Con todo, Suárez recoñece que "a forma orgánica de como presentarse ás eleccións" tamén é un debate que ha de ser abordado, así como tentar suplir unha "carencia importante" do municipalismo en 2015: a súa presenza nas deputacións.

DEPUTACIÓNS

"Non é o noso modelo institucional (as deputacións), pero existe e temos que estar presentes", sinalou antes de apuntar a que a necesidade de buscar "fórmulas xurídicas" para iso non é un debate "primordial" como si o é "pór en común que cidades e vilas" queren "construír".

Unha das fórmulas para aproveitar os votos das mareas nas deputacións é a proposta pola dirección de En Marea, que se ofrece a actuar como marca "paraugas" para os entes provinciais.

Con todo, a situación de fractura interna que atravesa o partido instrumental a nivel galego dificulta que o groso das mareas municipalistas vaian aceptar este modelo, que xa foi rexeitado publicamente por algúns dos actores da esquerda rupturista como Podemos Galicia ou EU, así como por certos proxectos locais.

SITUACIÓN FERROL

Ao mesmo tempo que as mareas municipalistas celebran este encontro, Ferrol tamén acolle a presentación en público de Xuntos Actúa, no que se engloba Actúa Ferrol, proxecto fundado por Carlos do Río, quen no seu día foi un dos promotores de Ferrol en Común, formación que abandonou por diferencias con Jorge Suárez.

Deste xeito, o próximo ano poderían competir nas urnas tres proxectos xurdidos de Ferrol en Común, xa que a citada Marea de Ferrol é froito doutra fractura do grupo que goberna a cidade departamental desde 2015.

A pesar diso, Jorge Suárez sinalou que ve na actualidade a Ferrol en Común "máis cohesionada" e con capacidade para "ensanchar" o apoio recibido en 2015 co obxectivo de lograr algo que ningún partido conseguiu en Ferrol nos anos da democracia: revalidar a alcaldía da cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 comunismo ladron

sigue e sigue o fraude e a traizon contra os galegos, organizada polo vello e coa forza expañolista dos comunecios, un dos concellos mais danificados pola marea, organiza agora procesión de fe mareante, pero sen a presencia da ínclita ferrolita, agora xa e de esquecer a sua xestión, as suas procesions ultracatolicas, o seu expañolismo, o seu comunecio e a sua pederastia do amigote no parlamentiño galego, aquí vemos o que ha COMUNISTAS EXPAÑOLNETOS DESFRAZADOS de mareantes... agora vemos xa o que e en marea, alcaldes contumaces do expañolismo e do entreguismo e da boa vida "divine gouche" teledirixidos polo vello -Vieiras e o servizo da unidade de expaña, os mangantes e os vividores mais implacabels están subidos a barca, pero a barca na mareante anuncia xa o naufraxio, o cheiro a podreiro e alcatreante, a casa de WALDO DAS JONS (650 MIL EUROS) causas crematísticas propias e aumento da conta bancaria, non deron a ONGs sinon o peto das OSIGs

3 Gamela

tampouco está na foto Rubén Pérez da Marea de Vigo... Será que pretende seguir sendo unha MARCA BLANCA para sentar o cú outros catro anos no Concello de Vigo ? Será... https://i.gal/gamela05

1 Ferriño

Estaba pero non quixo sair na foto

2 Gamela

mira que discreto é o rapaz...!!! como siga figurando nas listas da Marea de Vigo / Unidas Podemos Vigo / ou onde carallo se meta... o fracaso electoral está GARANTIDO !!!

2 Lenín

non abonda xa de fraccionalismos? Lembrai aquello do "esquerdismo, doenza infantil"

1 Ferriño

Podemos, IU e Anova pretendendo arrancar de novo os motores auxiiares para repartir a tarta. Menuda montaxe. Eu conto 77.

1 comunista independentista

Xa sabemos que tes a pulsión de contar xente, Ferriño. É a túa vocación parapolicial. Tédela a maioría dos trolls do Bloque. Nada novo.

2 pudimos

O tema é se van ben contados. Non chegan a 100 escollidos aparachick