Temas: FEIJóO PPDEG

Feijóo dá o seu apoio a Pablo Casado nun acto cos compromisarios galegos

Estará como "anfitrión" este mércores xunto a Pablo Casado, nun acto en Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, estará como "anfitrión" este mércores xunto a Pablo Casado, candidato a liderar o partido nacional, nun acto no que se citou a todos os compromisarios galegos para coñecer o proxecto do exvicesecretario de Comunicación para o PP. É o primiero gran acto de Feijóo con Casado, logo de que se dispute a segunda volta con Soraya Saéz de Santamaría.

Casado, Feijóo e Diego Calvo, na Coruña. Europa Press
Casado, Feijóo e Diego Calvo, na Coruña. Europa Press | Fonte: Europa Press

Por iso, e para evitar que se vexa que Feijóo apoia xa directamente a Casado, fontes populares explicaron a Europa Press que o PP galego acompañará a todos os candidatos como xa fixo ao recibir ao seis precandidatos durante a campaña para a votación en urna dos militantes e que, se Soraya Sáez de Santamaría "o solicita", tamén se porá á súa disposición a infraestrutura do partido.

O acto con Pablo Casado será este mércores ás 19,00 horas no Hotel AC Palacio da Carmen, o mesmo escenario no que o pasado 18 de xuño Feijóo anunciou que non se presentaría á carreira interna do PP e ratificou o seu compromiso á fronte da Xunta até 2020, cando finaliza a lexislatura en Galicia.

A organización do acto coa intervención da dirección do PPdeG, explicaron as mesmas fontes, fíxose despois de que a candidatura de Pablo Casado se puxera en contacto coa formación en Galicia para reunir aos compromisarios galegos, que son os terceiros máis numerosos de todo o Estado, con 279 delegados elixidos nas urnas --despois de Andalucía e Comunidade valenciana--.

A este dato hai que sumar 48 membros natos no Congreso, que se corresponden cos presidentes provinciais --Diego Calvo (A Coruña), Elena Candia (Lugo), Manuel Baltar (Ourense) e Alfonso Rueda (Pontevedra)--, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, os alcaldes das capitais de provincia --neste caso Ourense, Jesús Vázquez--, e todos os integrantes do comité executivo nacional, así como senadores e deputados do Congreso e eurodeputados.

EN URNA GAÑOU COSPEDAL

O pasado xoves 5 de xullo, na votación en urna, a exsecretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, foi a aspirante máis apoiada por con 1.559 votos para suceder a Mariano Rajoy, mentres que o exvicesecretario de Comunicación logrou 1.161 votos. En terceiro lugar quedou a exvicepresidenta do Goberno, Soraya Sáez de Santamaría, con 1.106 apoios, aínda que gañou na provincia de Ourense.

Tras coñecerse os resultados da primeira volta, Feijóo apostou por coñecer os "proxectos e equipos" dos aspirantes que pasaron o 'corte' antes de pronunciarse publicamente a favor de ningunha candidatura. O presidente galego, ademais, mantívose neutro nas súas intervencións públicas durante a primeira fase do proceso, en que acompañou a todos os candidatos.

Así mesmo, o pasado sábado, o líder dos populares galegos incidiu na importancia de que o Congreso sirva para "relanzar o partido, non para fracturalo" e expresou que "sería bo" que finalmente se crease unha "única" candidatura de consenso que, ao seu xuízo, pode darse "antes, durante e despois" do conclave que o PP celebrará os días 21 e 22 de xullo, como tamén dixo o día anterior.

Temas: FEIJóO PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 GrazasBeiras

Presi, xa desde sempre dixen que non ía ir pa Madrí e, sabe como se sabía? Porque vese ás legua o pánico que lle ten a todo o que non sexa a sumisión. Se non llo serven os de Sabón ou amarra o abecé falado que pagamos todos, vosté non fai nin chica. Os peores datos de poboación e económicos son os seus, mais logrou ter a mesma récua de súbditos gallegos có predecesor. parabéns por iso, supoño. A súa carreira políticas morre aquí "y lo sabes".

1 Juan F.

Titular tendencioso y manipulador, en el texto no hay nada que indique que Feijóo se haya decidido por Casado pero sí se dice que acompañará a Soraya si va a Galicia. El títular y el texto no son la misma noticia. No todo vale en periodismo. Espero que no me censuren este comentario.