Feijóo escúdase no Tribunal Supremo para non botar a valedora

O presidente galego di que agardará ao que diga o TS. Tensión entre o líder do PPdeG e Luís Villares a conta da imparcialidade da xustiza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2018 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que "tomará nota" da sentenza que dite o Tribunal Supremo sobre o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou o nomeamento de María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, como xefa de servizo de Administración e Persoal do Valedor do Pobo.

Feijóo na sesión de control ao Goberno no Parlamento
Feijóo na sesión de control ao Goberno no Parlamento | Fonte: Europa Press

O pleno da Cámara debateu este martes sobre a petición de cesamento que fixeron En Marea e PSdeG, por unha banda, e BNG, por outro, despois do fallo xudicial que, segundo anunciou a valedora, Milagros Otero, recorreuse en casación ante o Supremo. Os populares, cos seus 41 votos, apoiaron a continuidade de Otero e, como reiterou este mércores Feijóo, sostiveron que se se entregou toda a documentación da que dispuxeron agora os deputados, a sentenza do alto tribunal galego "non sería a mesma".

O fallo xudicial, como lembrou o portavoz da formación rupturista, Luís Villares, este mércores na sesión de control ao Goberno, recolle "desviación de poder" e "vulneración flagrante" dos dereitos dos candidatos no proceso de selección para o nomeamento, de libre designación.

No cara a cara, Villares preguntou a Feijóo que fará se a sentenza do Supremo ratifica a emitida polo TSXG. "Tomaremos nota", afirmou o presidente da Xunta, quen na súa intervención lembrou que o nomeamento lle corresponde ao Parlamento e non ao Executivo autonómico, aínda que el mesmo como membro do Grupo do PPdeG apoiou a continuidade da valedora.

TENSIÓN

Pero o debate entre ambos os políticos terminou, como é habitual nas sesións de control, nunha pequena liorta no que Feijóo volveu cuestionar que Villares "ditase sentenzas contra a Xunta mentres se preparaba para ser candidato" á Presidencia. O portavoz de En Marea, visiblemente molesto, protestou contra estas afirmacións e mesmo tratou de que o presidente da Cámara, Miguel Santalices, obrigase a retirar estas declaracións, que o xefe do Lexislativo encadrou no "debate político".

"É a honra de todo un tribunal. É a dignidade de todo un tribunal", apelaba, sen micrófono, Villares desde o seu escano, en referencia a que os fallos xudiciais ditados por tres maxistrados. As súas protestas custáronlle que Santalices lle chamase á orde dúas veces, a unha soa advertencia de ser expulsado do hemiciclo.

"DEFENSA BASTANTE DEFICIENTE"

Durante a súa intervención, o presidente autonómico, seguindo a mesma liña dos populares nos últimos debates, recoñeceu que a valedora seguiu "unha defensa bastante deficiente" ante o recurso que presentou un dos 18 candidatos contra o nomeamento.

A iso, Luís Villares lembroulle que en 2017, o Valedor do Pobo rexistrou unha petición de modificación do regulamento interno para adaptalo á lei de transparencia, o cal incluía poder nomear a un avogado de fóra da institución para exercer a defensa da defensoría galega, como ocorreu neste caso. Precisamente, En Marea pediu suprimir este aspecto.

Feijóo ironizou con que Villares tivese "valor" de acudir á Cámara con esas esixencias de dimisión "despois de ter unha deputada como a que ten", en referencia a Paula Quinteiro, que se viu envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago en marzo e para quen o propio portavoz parlamentario de En Marea pediu a súa dimisión.

"Imos respectar a sentenza. Somos demócratas", aseverou o presidente autonómico, quen advertiu a Villares de que "ditar sentenzas contra a Xunta" cando se preparaba para ser candidato "vaille a perseguir durante toda a súa biografía política", á cal, en todo caso, non lle augurou máis que "pouco tempo".

Isto foi o que provocou o enfado do portavoz de En Marea, a quen defendeu despois a súa viceportavoz, Antón Sánchez, quen dixo que "as fotos con Marcial Dorado si que van perseguir toda a súa biografía" a Feijóo, que xa non estaba no hemiciclo nese momento.

"ENCHUFISMO"

As cruces de acusacións repetíronse durante todo o debate, de maneira que Villares reprochou a Feijóo que se "colocase á beira do enchufismo e dos apelidos" dunha familia ao soster a Milagros Otero no cargo, cuxo mentor foi o pai de María Puy Fraga, como ela mesma recoñeceu no Parlamento e sobre o que, precisamente, motivou a súa abstención no proceso cando se coñeceron as candidaturas (como ela dixo tamén).

Estas palabras foron contestadas o presidente galego, quen lamentou que Villares "inxuriase" a familias "que non se poden defender" e a un partido, o PP. "800.000 galegos somos corruptos", dixo --con ton de reprobación--, sobre a lóxica do portavoz de En Marea, a quen lle preguntou se non lle "avergoña" o que reflicte o diario de sesións sobre as súas intervencións.

O mandatario autonómico lembrou que "a Xunta non nomeou á valedora" e preguntouse se o seu cesamento ten que ver con que o PSOE quere que o vicevaledor, nomeado polo seu grupo, quede en funcións ou ao revés, quere cambialo, porque agora ten outra dirección no partido. De feito, fixouse en que os socialistas non falaron sobre Pablo Cameselle, en quen Milagros Otero delegou o proceso de nomeamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 porqueriza pepeira

pero imos ver que podían esperar da señora, pois xa vemos meteu a institución nun-ha atentica despropósito, un espectáculo, o líder xuiz villano outra vez dando a razón o pp o pepeiro o ten bastante fácil, a xustiza inoperante, agora a patada do caso a un tribunal amigo que acabara por rirse dos xuices galaicos deixando en evidencia o nefasto tingaldo xudicial de expaña na Galiza, enchufismo peperiano estilo boina Baltar, ESPANTOSO! - pero o que esta calado agora e o loro do parlamento o cotorrio sabelotodo pepeiro o irmao da ínclita que meten pola porta falsa... .- video da milagros dando clase - https://www.youtube.com/watch?v=4p-...

1 Hidróxido de sodio

Las peticiones que abordan a la mayoría de la población, esas no les interesa hacerlas notar. Así vamos. https://www.clorurodesodio.org/hidr...