Temas: ALBOR

Reaccións á morte de Albor: a Xunta fará un funeral institucional na Catedral o 23 de xullo

O goberno galego anunciou que celebrará un funeral institucional na Catedral o 23 de xullo ás 18:00 e avanzou que o PP homenaxeará a Albor o 7 de setembro. Pola súa banda, Soraya Sáenz e Pablo Casado afirmaron que asistirán á homenaxe que ten lugar este venres.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/07/2018 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

13.50 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou que Galicia estará tres días de loito oficial pola morte do expresidente Gerardo Fernández Albor para expresar a "dor e recoñecemento coa súa figura". "Temos unha débeda de gratitude", proclamou o mandatario autonómico, quen subliñou que foi unha "peza fundamental".

Gerardo Fernández Albor  e Alberto Núñez Feijóo
Gerardo Fernández Albor e Alberto Núñez Feijóo | Fonte: @FeijooGalicia.

14.50. O corpo do ex presidente será velado no tanatorio de Boisaca, en Santiago. Neste cemiterio será enterrado tamén este venres.

16:41. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo resaltou tres grandes facetas de Albor, presidir nunha época onde todo estaba por facer, ser un dos creadores do galeguismo inclusivo e abandeirar unha visión moderna e social da medicina.

16:50 O expresidente do Goberno Mariano Rajoy, que foi vicepresidente da Xunta con Albor, expresou as súas "máis sinceras condolencias" polo falecemento "do histórico e apreciado dirixente", de quen resaltou "a súa decisiva e relevante achega ao Partido Popular e a España".

17:12. O PPdeG preparará un acto político que, previsiblemente, se celebrará en setembro, na contorna da data de aniversarios de Albor, como "homenaxe" dun partido no que se sitúa como unha figura "relevante" e a quen foi o primeiro presidente.

17:20 Políticos do PSdeG como Caballero, Losada, Laxe e Touriño súmanse ao pésame pola morte do expresidente Albor. Destacan a súa "tarefa ao servizo público de Galicia" e cualifícano como "un galego comprometido co seu país"

17:25. O portavoz de En Marea, Luís Villares, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentaron este xoves a morte do expresidente galego Gerardo Fernández Albor, aos 100 anos de idade.

19:30. O Parlamento de Galicia sumouse ao tres días de loito oficial polo falecemento do expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, que tamén foi deputado da Cámara galega.

20:40.  Pablo Casado e Soraya Sáez de Santamaría asistirán ao acto fúnebre por Gerardo Fernández Albor. O expresidente do Goberno, José María Aznar, destacou o seu servizo a Galicia e España.

12:00. Alberto Núñez Feijóo avanzou que o Goberno galego celebrará un funeral institucional na Catedral de Santiago o próximo 23 de xullo, en vésperas á celebración do Apóstolo, e anunciou que o PP homenaxeará a Albor o 7 de setembro. 

Temas: ALBOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta