Convidan a Dolce&Gabbana a realizar un pase de moda en Viana do Bolo para compensala pola copia do Boteiro

O alcalde quere que os deseñadores da firma de moda visiten a localidade para que haxa un recoñecemento internacional do Entroido desta comarca.

Por Galicia Confidencial | Viana do Bolo | 16/07/2018 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O rexedor de Viana do Bolo, Secundino Fernández, acaba de remitirlle unha carta a empresa de moda Dolce&Gavanna (D&G) para pedir que, polo menos, recoñezan que unha das prendas da súa colección de primaveira 2018 é unha “copia” do traxe de “Boteiro” do entroido da comarca de Viana. E, ademais, convida aos deseñadores da firma de moda a visitar o concello e realizar alí un pase de moda cos deseños inspirados no entroido vienés.

Á esquerda, traxe de boteiro orixinal; á dereita, un presunto plaxio de Dolce & Gabbana.
Á esquerda, traxe de boteiro orixinal; á dereita, un presunto plaxio de Dolce & Gabbana.

"O disgusto de Viana do Bolo, da veciñanza foi grande cando nin tan sequera se mencionou a orixe da inspiración. Non se mencionou nin se recoñeceu a esta figura centenaria da nosa tradición nin as artesás que elaboran as camisas e que mantiveron esa tradición, que pasa fundamentalmente de nais a fillas”, denuncia o rexedor.

Por este motivo, pide que se recoñeza publicamente que é o “Boteiro” a fonte de inspiración dos seus deseños. “Énchenos de orgullo que a nosa figura se recoñeza a nivel mundial a través da súa firma, e iso é exactamente o que pedimos, que se faga mención ao feito de que a colección está inspirada na figura do “Boteiro” do Entroido do concello de Viana do Bolo”, indica.

Con todo, convida aos deseñadores da firma a que visiten o Entroido da localidade para que comproben a “emoción” que envolve este evento e a súa principal figura, o “Boteiro”. Ademais, “como feito de desagravio e como mostra de hospitalidade”, convídanos a mostrar esas creacións inspiradas no Boteiro en Viana do Bolo nun desfile do moda polo casco histórico, “no propio entorno natural e cultural do Boteiro”.

Boteiro
Boteiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Marga

Dior fixo o mesmo en Rumanía, e esta foi a resposta: http://m.publico.es/columnas/110584...